Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente de Portos de Galicia, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia en virtude do artigo 6.3º g) da Lei 5/1994 do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia e artigo 9 h) do Decreto 227/1995, do 20 de xuño, polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, dictado en aplicación e desenvolvemento da Lei 5/1994, do 29 de novembro.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de reparación das loxas de Ribadeo, Burela (nave nº 3), San Cibrao, Celeiro (Pincho Gran Sol) y O Vicedo de clave: LU-11-05-95/426.

Adxudicatario: Cuiña, S.A.

Orzamento de adxudicación: 65.536.883 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de dragado do peirao pesqueiro no porto de Foz de clave: LU-03-06-95/424.

Adxudicatario: Cuiña, S.A.

Orzamento de adxudicación: 13.583.936 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de rampla e explanada na Barquiña (Noia) de clave: CS-13-10-95/405.

Adxudicatario: Segundo Rodríguez, S.L.

Orzamento de adxudicación: 27.120.725 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de acondicionamento da ampliación do porto de Muros de clave: CS-10-02-95/406.

Adxudicatario: Segundo Rodríguez, S.L.

Orzamento de adxudicación: 53.393.000 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de paseo portuario no porto de Baiona de clave: PO-28-11-95/611.

Adxudicatario: Covsa y Culmar, S.L. (UTE).

Orzamento de adxudicación: 95.918.317 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de reparación e adeucación das lonxas da Coruña de clave: CN-30-06-95/209.

Adxudicatario: Construcciones Saborido.

Orzamento de adxudicación: 206.885.121 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de rampla de varada no porto de Tragove (Cambados) de clave: PO-07-28-94.

Adxudicatario: Malvar y OCP, (UTE)

Orzamento de adxudicación: 139.202.576 ptas.

* Adxudicación polo sistema de poxa aberta da obra de reparación das lonxas de Vilaboa, Cambados, Portonovo, Cangas, Moaña, Arcade, Cesantes, Baiona, A Guarda e Vilanova de clave: PO-38-10-95/607.

Adxudicatario: Odein, S.L.

Orzamento de adxudicación: 44.790.132 ptas.

En cumprimiento do previsto no artigo 58 da vixente Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advirtíndose que esta resolución, en canto por fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contenicoso-administrativo.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

9602774