Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación dos servicios de mantemento e limpeza das instalacións do IGVS en Santiago de Compostela.

Obxecto: servicios de mantemento e limpeza das instalacións do edificio da sede central do IGVS en Santiago de Compostela.

Orzamento: setenta e tres millóns de pesetas (73.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación: grupo III; subgrupos 5, 6 e 7; categoría B.

Garantía provisional: 1.460.000 ptas.

Garantía definitiva: 2.920.000 ptas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro

da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de propostas: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do día 24 de maio de 1996. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Apertura de propostas: a apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once (11) horas do día 3 de xuño de 1996.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 3 de abril de 1996.

Anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2378