De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselles
ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo, a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, por falta de pagamento das cotas pendentes, e o lanzamento das devanditas vivendas.
Requiridos para o pagamento dos recibos pendentes co importe relacionado no anexo, e transcorrido o prazo outorgado sen que o requerimento fora atendido, este feito constitúe causa leal suficiente, ó abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2214/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento das vivendas.
O lanzamento será levado a cabo polo representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autónomicas ou locais.
Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de vivendas de protección oficial, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda co recargo do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a publicación.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
coñecido resoluciónAdxudicatario Expediente Conta Último enderezo
Réxime Débeda requirida Data
Jiménez
Manuel Ares Maroño C-90 30 Rúa Interior Grupo Vivendas Santa Cristina (Palavea), bloque 1, portal 1, 3ºC, A Coruña. Acceso diferido 19.800 ptas. 27-2-1996 Zoilo Basanta León C-90 306 Rúa Interior Grupo de Vivendas Santa Cristina (Palavea), bloque 10, portal 10, 2ºB, A Coruña. Acceso diferido 15.405 ptas. 27-2-1996 Carlos Manuel Teixeira
PO-83/440 78 Avda. de Galicia nº 65, portal 12, 2ºD, Vigo. Alugueiro 953.997 ptas. 26-1-1996 Jesús Teixeira Jiménez PO-83/440 87 Avda. de Galicia nº 65, portal 12, 4ºE, Vigo. Alugueiro 895.978 ptas. 26-1-1996
9602796

