Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS.MM. para corrixir un erro de grafado na liña dos termos municipais de Sanxenxo e Meaño. Lugar de Pedreiras-Dadín.

A Corporación Municipal en Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 16 de febreiro de 1996, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para corrixir un erro de grafado na liña dos termos municipais de Sanxenxo e Meaño. Lugar de Pedreiras-Dadín, sendo a parte dispositiva do mencionado acordo a seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS.MM. para corrixir un erro de grafado na liña divisoria dos termos municipais de Sanxenxo e Meaño, lugar de Pedreiras-Dadín, incluíndo os terreos afectados no ámbito de aplicación da ordenanza 10 Núcleo Rural Tradicional.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos recursos procedentes contra el, debendo publicarse integramente as ordenanzas da modificación.

Así mesmo, comunicar este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con traslado dunha copia adverada do expediente completo, debidamente dilixenciado.

Terceiro.-A eficacia deste acordo así como a entrada en vigor da modificación aprobada quedará diferida ó cumprimento do disposto no apartado procedente.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente e, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo de llo comunicar ó órgano autor do acto a que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que coide procedente.

Sanxenxo, 12 de marzo de 1996.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

1929