O Pleno deste Concello, na súa sesión do 8 de febreiro de 1996, aprobou inicialmente o estudio de detalle da remodelación de volumes no polígono 22 do PERI do Calvario (3679/411), presentado pola xunta de compensación do ámbito e redactado polo arquitecto José A. Martín Curty, con planos visados polo COAG con datas 22 de xuño de 1995 e 12 de xaneiro de 1996.
Suspéndense, ata a aprobación definitiva, as licencias na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario, cos seguintes límites:
Norte: rúa Aguia ou rúa «A» do proxecto de urbanización aprobado.
Sur: semi-rúa do vial construído polo polígono de actuación nº 28 e rúa Martín Lago ou rúa «C» do proxecto de urbanización aprobado.
Leste: rúa Dr. Carracido e rúa Martín Lago ou semi-rúa «C» do proxecto aprobado.
Oeste: semi-rúa do vial construído polo polígono de actuación nº 21 do PERI do Calvario.
O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, amais da notificación persoal ós interesados.
A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística e pódense presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata a fin do prazo de exposición logo do derradeiro anuncio.
Vigo, 27 de febreiro de 1996.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia
Teléfonos: 544268 - 544270
Fax: 544272 - 544273

