O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:
Obxeto: servicio de unificación e xestión dos arquivos de historias clínicas dos hospitais Juan Canalejo e Teresa Herrera e do centro de especialidades do Ventorrillo, e xestión do arquivo único resultante unha vez rematada aquela.
Orzamento: o orzamento máximo autorizado é de 37.387.500 ptas. para o período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 1996 (4.154.167 ptas./mes). O importe do orzamento ratearase debidamente segundo os meses de prestación que efectivamente se produzan.
Fianza provisional: 747.750 ptas. (2% do orzamento máximo autorizado do contrato).
I.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.
II.-Plazo de vixencia: o servicio de unificación realizarase en 4 meses desde a adxudicación do contrato, e a xestión do arquivo único comezará seguidamente ata o 31 de decembro do 1996.
III.-Admisión de variantes: non se admiten vacantes.
IV.-Clasificación económica: acreditarase a clasificación mínima correspondente ó grupo 3-subgrupo 8-categoría B, segundo a Orde do 24 de novembro de 1982, modificada pola orde ministerial do 30 de xaneiro de 1991.
V.-Criterios de adxudicación:
1. Prezo: 25%
2. Experiencia en servicios similares cos hospitais no ámbito da Comunidade Autónoma (debidamente acreditada): 25%
3. Menor prazo ofertado para a finalización do proceso de unificación dos arquivos: 25%
4. Proxecto técnico e organización do servicio proposto: 25%
VI.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días
laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.
VII.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.
VIII.-Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX.-Documentación que deberán aachega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 21 de marzo de 1996.
Josep Santacreu Bonjoch
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza
2915

