A xerencia xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 7/1996, segundo as seguintes especificacións:
I.-Obxecto e orzamento: a contratación por procedemento aberto e urxente, da asistencia de revisión, depuración, integración e control de calidade dos arquivos de historias clínicas do Complexo Hospitalario de Santiago, por un importe total máximo de dúascentas noventa e nove mil ptas. mensuais (299.000 ptas./mes), IVE incluído.
II.-Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata o 31-3-1997.
III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
IV.-Fianzas:
a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación en cómputo anual (71.760 ptas.).
b) Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.
Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 8-2.8 e 12-2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
V.-Clasificación: non se esixe.
VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.
VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións económicas admitidas será realizada pola mesa de contratacións, reunida en acto público na sala de actos do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo as 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
VIII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1995.
Ignacio Martínez González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela
2916

