Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.684

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

DECRETO 174/1996, do 17 de maio, polo que se nomea a José Manuel Gabeiras Vérez delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de maio de mil novecentos noventa e seis,

Nomeo a José Manuel Gabeiras Vérez delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Santiago de Compostela, dezasete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

96-3531