Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.696

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de abril de 1996 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Formación Profesional do Porriño (Pontevedra) e do Instituto de Educación Secundaria e Profesional de Meira (Lugo).

Vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992) pola que se establece o procedemento para a denominación de centros públicos de ensino non universitario, así como os correspondentes informes, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Porriño.

Código do centro: 36019529

Denominación: Instituto de Formación Profesional do Porriño.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Profesional Ribeira do Louro.

Provincia: Lugo.

Concello: Meira.

Código do centro: 27016303

Denominación: Instituto de Educación Secundaria e Profesional de Meira.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Pedregal de Irimia.

2201