En atención ós méritos que neles concorren e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de mil novecentos noventa e seis, concédolle-la medalla Castelao ás seguintes persoas:
Manuel Gallego Jorreto
Raimundo García Domínguez (Borobó)
Dieter Kremer
Antonio Meijide Pardo
Antonio Pernas Sabio
Francisco Río Barja
Manuel Sánchez Salorio
Xohana Torres Fernández
Ramón Varela Núñez
Pilar Vázquez Cuesta
Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
96-4529