Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.011

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (248/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela:

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo baixo o número 248/1995, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Losada Gómez, contra María Dolores García Pinaque e Luis Seoane Villaverde nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira: sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 4 de setembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 7.266.000 ptas.

Segunda: para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 4 de outubro ás 10.30 horas, na Sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira: se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 4 de novembro ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta: nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta: para tomar parte en calquera nas tres poxas tódolos licitadores, con excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para ser admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta

no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A,, oficina principal, desta cidade, e deberá facilita-lo número do expediente o procedemento seguinte: 1584-17-0248/1995, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta: os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexitrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima: poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava: no caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil, dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena: devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima: se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumplise coa súa obria e desexaran aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde destas.

Undécima: o sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor, no predio ou predios poxados, e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Inmoble nº 1. Urbano, sito na parroquia de Luou, municipio de Teo, casa sinalada co antigo nº 15 do lugar de Bustelo, parroquia de Luou, municipio de Teo, de planta baixa e piso alto que ocupa a extensión duns 100 metros cadrados, con terreo a curral ó frente, pechado sobre si, formando casa e terreo un so predio de douscentos cincuenta metros cadrados de extensión aproximadamente. Estrema: norte, camiño; sur, herdeiros de Juan Bustelo; leste, herdeiros de Juan Bustelo; oeste, camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio número 19.215, folio 81, libro 181 de Teo, tomo 553.

Inmoble número 2. Rústico, sito no lugar de Bustelo, parroquia de Luou, municipio de Teo, terreo adicado a horta ó sito de Horta de Xunto ó Hórreo, sito no lugar de Bustelo, parroquia de Luou, que mide dúas áreas e trece centiáreas. Estrema: norte,

camiño e herdeiros de María Estévez; sur, Isabel Coto; leste, herdeiros de José Bustelo; oeste, predio que se describirá como inmoble nº 3. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio nº 19.216, folio 82 do libro 181 de Teo, tomo 553.

Inmoble número 3. Rústico, sito no lugar de Bustelo, parroquia de Luou, mmunicipio de Teo, terreo adicado a eira ó sitio de Eira de Recoller, sita no lugar de Bustelo, parroquia de Luou, municipio de Teo, que mide cincuenta e tres centiáreas. Estrema: norte, Isabel Coto; sur, herdeiros de José Bustelo; leste, o predio descrito como inmoble número 2; oeste, María Estévez e Xosé Bustelo. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio número 19.217, folio 83 do libro 181 de Teo, tomo 553.

Valoración total inmobles:

Inmoble número 1: 7.000.000 de ptas.

Inmoble número 2: 213.000 ptas.

Inmoble número: 3 53.000 ptas.

7.266.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o 23 de maio de 1996.

Rubricado

3168