Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.012

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (408/1993).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de separación conxugal tramitados neste xulgado co número 408/1993, se dictou sentencia, cunha parte dispositiva e decisión que din así:

«Sentencia: En Santiago de Compostela o 26 de abril de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de separación seguido neste xulgado co número 408/1993, no que actuaron como partes, como demandante, María Jiménez Jiménez, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Lisardo Reymóndez Portela, designado de oficio e, como demandado, José Amalio Montes Borja, en ignorado paradoiro e non comparecido nas actuacións, sendo parte o ministerio fiscal.

Decido que debo decretar e decreto a separación do matrimonio formado por María Jiménez Jiménez e José Amalio Montes Borja, e aprobo como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada por esta resolución, a adxudicación á esposa demandante da garda e custodia dos fillos do matrimonio; a adxudicación á esposa e fillos da vivenda social que a esta lle acaba de adxudica-lo Instituto

da Vivenda e Solo de Galicia nas Fontiñas; impónselle ó esposo demandado a obriga de aboar 30.000 pesetas mensuais nos cinco primeiros días de cada mes para o levantamento das cargas familiares, anualmente actualizables conforme o IPC. Non se fai imposición de custas. Unha vez firme esta resolución, líbrense os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal desta no Rexistro Civil. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que así conste e para efectos de notificación ó demandado rebelde José Amalio Montes Borja, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado

4694