Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 268/1996, do 6 de xuño, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Cerdedo, Cotobade e Forcarei (provincia de Pontevedra).

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa reunión do día vintetres de abril de mil novecentos noventa e seis, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

DISPOÑO:

Artígo único.-Quedan aprobados os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos que figuran no anexo do presente decreto.

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Cerdedo
Castro (Santa Baia)Castro (Santa Eulalia P.)
Cerdedo (San Xoán)Cerdedo (San Juan P.)
Figueiroa (San Martiño)Figueroa (San Martin P.)
Folgoso (Santa María)Folgoso (Santa María P.)
Parada (San Pedro)Parada (San Pedro A.)
Pedre (Santo Estevo)Pedre (San Esteban P.)
Quireza (San Tomé)Quireza (Santo Tomé P.)
Tomonde (Santa María)Tomonde (Santa Mariña P.)

Cotobade
Aguasantas (Santa María)Aguasantas (Santa María P.)
Almofrei (San Lourenzo)Almofrei (San Lorenzo P.)
Borela (San Martiño)Borela (San Martiño P.)
Carballedo (San Miguel)Carballedo (San Miguel P.)
Caroi (Santiago)Caroi (Santiago A)
Corredoira (San Gregorio)Corredoira (San Gregorio P.)
Loureiro (Santiago)Loureiros (Santiago P.)
Sacos (Santa María)Sacos (Santa María de P.)
San Xurxo de Sacos (San Xurxo)Sacos (San Xurxo de P.)
Tenorio (San Pedro)Tenorio (San Pedro P.)
Valongo (Santo André)Valongo (San Andrés P.)
Viascón (Santiago)Viascon (Santiago P.)

Forcarei
Aciveiro (Santa María)Acibeiro (Santa María P.)
Castrelo (Santa Mariña)Castrelo (Santa Marina P.)
Dúas Igrexas (Santa María)Dosiglesias (Santa María P.)
Forcarei (San Martiño)Forcarei (San Martín P.)
Madanela de Montes, A (Santa María

Madalena)

Magdalena (Santa María P.)
Meavía (San Xoán)Meavia (San Juan A.)
Millarada (San Amedio)Millerada (San Mamed P.)
Pardesoa (Santiago)Pardesoa (Santiago P.)
Pereira (San Bartolomeu)Pereira (San Bartolome A.)
San Miguel de Presqueiras (San Miguel)Presqueiras (San Miguel A.)
Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)Presqueiras (Santa Marina P.)
Quintillán (San Pedro)Quintillán (San Pedro)
Ventoxo (San Nicolao)Ventoxo (San Nicolas A.)

4943