Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 269/1996, do 14 de xuño, sobre medidas de financiamento cualificado da autoconstrucción no medio rural.

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, consciente da necesidade de contar con instrumentos específicos tendentes a mellora-la calidade da vivenda no medio rural, vén adoptando unha serie de medidas concretas para estimular nunha primeira etapa, a rehabilitación e, posteriormente, a creación de tres novas figuras: a reconstrucción, complementaria da rehabilitación, a infravivenda e a autoconstrucción.

A autoconstrucción no medio rural, se ben é unha figura creada, regulada e con axudas específicas establecidas pola Comunidade Autónoma, en parte queda integrada no Plan Estatal de Vivenda 1992-1995 como unha liña máis das actuacións recollidas nel e, neste sentido, tra-la aprobación, polo Real decreto 2190/1995, do 28 de decembro, das medidas sobre financiamento de actuacións protexibles en materia de vivenda e solo para o período

1996-1999, e conseguinte sinatura do convenio marco con MOPTMA, é necesario proceder á adecuación do Decreto 107/1992, do 30 de abril ó novo marco normativo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Finalidade.

O presente decreto ten por obxecto a regulación do establecemento e concesión de axudas á autoconstrucción de vivendas no medio rural de Galicia, no marco do Real decreto 2190/1995, do 28 de decembro, e convenio subscrito na súa aplicación entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Obras Públicas Transportes e Medio Ambiente, con cargo tanto a recursos estatais como ós orzamentos da Comunidade Autónoma.

Artigo 2º.-Concepto de autoconstrucción no medio rural.

Entenderase por autoconstrucción no medio rural, para os efectos deste decreto, a construcción de vivenda unifamiliar para uso propio que, aportando o titular o solo e participando no proceso constructivo, sexa destinada a domicilio habitual e permanente, que se situará:

a) En entidades de poboacion inferiores a 500 habitantes.

b) En núcleos entre 500 e 1.500 habitantes enclavados en concellos con planeamento municipal vixente, sempre que os núcleos sexan rurais ou, no caso de núcleos urbanos, sempre que a ordenanza de aplicación contemple como estableza o uso de vivenda unifamiliar.

c) En núcleos entre 500 e 1.500 habitantes dos concellos sen planeamento sempre que as vivendas teñan un claro carácter rural e non sexan características de aglomeracións ou concentracións urbanas.

Artigo 3º.-Autoconstrucción protexida.

Para acceder ás axudas, que se establecen nesta disposición, será necesaria, ademais da concorrencia das circunstancias económicas esixibles en cada caso, segundo o establecido nos artigos seguintes, a adopción polo autoconstructor dalgún dos proxectos básicos incluídos no catálogo creado pola disposición adicional primeira do Decreto 107/1992, do 30 de abril.

Artigo 4º.-Modalidades.

As diferentes modalidades que pode adopta-la autoconstrucción protexida no medio rural para os efectos do presente decreto son as seguintes:

a) Protección oficial: vivendas que non excedan de 90 m de superficie útil, incrementada nos anexos correspondentes.

b) Outras vivendas con financiamento protexido: vivendas que excedan da superficie sinalada ante

riormente, e que non superen os 150 m de superficie útil, incrementada nos anexos correspondentes.

En ámbolos dous casos a superficie protexida para efectos de financiamento cualificado no caso dos anexos será de 25 m como máximo.

Artigo 5º.-Actuacións acollidas ó réxime especial e xeral de protección oficial.

As actuacións comprendidas dentro do apartado a) do artigo anterior poderán acceder ás seguintes axudas:

1.-Réxime especial. Para autoconstructores con ingresos familiares ponderados que no excedan de 2,5 veces o salario mínimo interprofesional.

a) Préstamo cualificado subsidiado , nas condicións establecidas no Real decreto 2190/1995.

b) Subvención do 10% do valor da edificación conforme a escritura de declaración de obra nova máis o valor do solo cifrado nun 15% do valor da edificación.

c) No caso de acceder por primeira vez á propiedade dunha vivenda e de ser titular de depósito en conta-vivenda, o aboamento da totalidade dos intereses devengados durante o primeiro ano de amortización segundo o establecido no devandito real decreto.

2.-Réxime xeral. Para autoconstructores con ingresos familiares ponderados ata 5,5 veces o salario mínimo interprofesional.

a) Préstamo cualificado a 15 anos cun tipo de xuro que dependerá dos ingresos ponderados en número de veces o salario mínimo interprofesional, de conformidade co previsto con carácter xeral para este réxime polo Real decreto 2190/1995.

b) Para autoconstructores acollidos ó sistema específico de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade, unha subvención do 5% do valor da edificación sumado ó do solo calculados de conformidade co establecido no apartado 1.b). No caso de ser titular dun depósito en conta-vivenda o aboamento da totalidade dos intereses devengados durante o primeiro ano de amortización do préstamo segundo o establecido no citado real decreto.

c) O Instituto Galego da Vivenda e Solo concederá con cargo ós seus orzamentos unha subvención adicional dun 5% do valor da edificación máis o valor do solo calculados de conformidade co establecido no apartado 1.b).

Tanto o valor da edificación como as demais especificacións que se refiren a estes réximes terán que cumpri-las esixencias establecidas pola lexislación aplicable de vivendas de protección oficial.

Artigo 6º.-Outras vivendas con financiamento protexido.

1.-A autoconstrucción de vivendas comprendidas no apartado b) do artigo 4º, promovidas por autoconstructores que teñan uns ingresos familiares ponderados que non excedan de 5,5 veces o salario

mínimo interprofesional, ten a condición de protexida para efectos do seu financiamento cualificado, de acordo coa normativa deste decreto e coas limitacións da facultade de disposición previstas no artigo 28 do Real decreto 2190/1995.

As axudas ás que poderá acceder serán as seguintes:

a) Préstamo cualificado a 15 anos, cun tipo de xuro que dependerá dos ingresos ponderados en número de veces o salario mínimo interprofesional, de conformidade co previsto no artigo 14 do Real decreto 2190/1995.

Con independencia da superficie da vivenda e anexos, dentro dos límites máximos sinalados, o financiamento cualificado acadará unicamente 90 m e 25 m de anexos.

b) O Instituto Galego da Vivenda e Solo concederá con cargo ós seus orzamentos unha subvención adicional dun 5% do valor da edificación conforme a escritura de declaración de obra nova máis o valor do solo cifrado nun 15% do valor da edificación.

O valor da edificación a que se fai referencia no parágrafo anterior, en ningún caso poderá superar, por m de superficie útil, o que lle correspondería a unha vivenda de protección oficial promovida para uso propio en réxime xeral na data de outorgamento da cualificación provisional do expediente como vivenda protexida.

2.-Para acceder ó préstamo cualificado esixirase a cualificación provisional do expediente como vivenda protexida para efectos de financiamento cualificado, presentando para o efecto a documentación que se require para a cualificación provisional de vivendas de protección oficial.

Artigo 7º.-Momento de concesión das subvencións.

As subvencións previstas neste decreto serán autoridas e recoñeceidas polos delegados provinciais do IGVS nos seguintes momentos.

1.-Cando o autoconstructor obteña a cualificación definitiva expedida de conformidade co previsto na lexislación vixente, no caso de vivendas acollidas a calquera dos réximes de protección oficial.

2.-No caso de que a vivenda exceda de 90 m útiles, cando o autoconstructor, unha vez rematadas as obras e logo de solicitude, obteña a cualificación definitiva de vivenda con financiamento protexido.

As solicitudes de cualificación definitiva deberán presentarse na delegación provincial do IGVS que corresponda segundo a situación da vivenda, utilizando para o efecto os modelos oficiais que serán determinados por orde da CPTOPV xunto coa documentación que asimesmo se indique.

Artigo 8º.-Ingresos ponderados.

Os ingresos determinantes do dereito ó acceso ás axudas do presente decreto virán sempre refe

ridos ás normas establecidas no Real decreto 2190/1995, tanto para o seu cálculo como para a súa acreditación.

Artigo 9º

O prazo de presentación de solicitudes será determinado por orde da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.

1.-Continúa vixente o catálogo de proxectos básicos de vivendas unifamiliares-tipo que se situarán no medio rural de Galicia creado pola disposición adicional primeira do Decreto 107/1992, do 30 de abril.

2.-Están integrados no referido catálogo os proxectos seleccionados no concurso de modelos arquitectónicos para vivendas unifamiliares no medio rural de Galicia, segundo resolución da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 2 de decembro de 1991 (DOG nº 245, do 19 de decembro).

Decláranse así mesmo integrados os proxectos seleccionados no segundo concurso de modelos arquitectónicos segundo a Resolución do 9 de xullo de 1993 (DOG nº 147 do 3 de agosto de 1993).

Segunda.

Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo para convocar sucesivos concursos de modelos arquitectónicos e conseguinte inclusión no catálogo dos seleccionados, así como a convir cos colexios profesionais competentes a reducción de honorarios que proceda pola súa utilización.

Disposicións transitorias

Primeira.

Os expedientes cualificados provisionalmente ó abeiro do Decreto 107/1992 e Orde do 5 de xuño de 1992 de desenvolvemento, continuarán tramitándose conforme a devandita normativa podendo atenderse as axudas económicas con cargo ós créditos consignados no correspondente orzamento.

Segunda.

As solicitudes presentadas ó abeiro do decreto 107/1992 e Orde do 5 de xuño de 1992, que non sen resoltas, resolveranse de acordo co disposto no presente decreto.

Disposición derrogatoria

Á entrada en vigor deste decreto quedarán derrogados o Decreto 107/1992 e Orde de 5 de xuño de 1992, sin prexuízo do disposto na disposición adicional primeira e da vixencia das situacións creadas ó seu abeiro; así como cantas disposicións

de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido neste decre to.

Disposicións derradeiras

Primeira.

Facúltase o conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias no desenvolvemento deste decreto.

Segunda.

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4933