Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Tiro con Arco.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Tiro con Arco e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 3-12-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos e a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Tiro con Arco

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Definición e obxecto.

A Federación Galega de Tiro con Arco é unha entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro, con patrimonio propio e independente ó dos seus asociados, está integrada polos clubs, deportistas, técnicos, xuíces e outros colectivos interesados que promovan, practiquen ou contribúan ó desenvolvemento do tiro con arco dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, ostentando a representación galega deste deporte.

A federación Galega de Tiro con Arco está integrada na Real Federación Española de Tiro con Arco, ostentando de maneira exclusiva a representación desta dentro da Comunidade Autónoma de Galicia no referente ó tiro con arco, conservando na integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu orzamento e o seu réxime xurídico particular.

Artigo 2º.-Réxime xurídico.

A Federación Galega de Tiro con Arco ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, regulando a súa estructura interna e funcionamento de acordo cos principios de representación democrática e participación, e réxese polo disposto no Decreto 228/1994, de 14 de xullo, polo dereito propio da Comunidade Autónoma de Galicia, por estos estatutos, e, no seu defecto, polas normas da Real Federación Española de Tiro con Arco, e en todo caso, resultará de aplicación supletoria o dereito estatal.

A Federación Galega de Tiro con Arco é unha entidade de utilidade pública cos beneficios que o ordenamento xurídico outorga a estas entidades.

A Federación Galega de Tiro con Arco (no sucesivo FGTA) exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo, actuando neste caso coma axente colaborador da Administración autonómica e local.

Artigo 3º.-Domicilio.

O domicilio social, que deberá radicar sempre dentro do territorio de Galicia, fíxase en Lugo,no lugar de Bascuas, podendo ser trasladado a outro lugar de Galicia por acordo da asemblea xeral conforme estes estatutos por proposta do presidente.

A comisión delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, proporán o cambio do domicilio social dentro da mesma cidade.

En ámbolos casos, o traslado do domicilio deberá serlles notificado os afiliados e a Secretaria Xeral para o Deporte.

Artigo 4º.-Funcións e competencias.

Son funcións e competencias exclusivas da FGTA, derivadas do seu propio obxecto segundo o artigo 1º destes estatutos, as seguintes:

a) Goberno, xestión e administración do tiro con arco na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Dictar normas de aplicación específica ós deportistas do tiro con arco, establecendo listas e clasificacións deles.

c) A potestade para determina-la propia organización interna e para dicta-los regulamentos no ámbito da súa competencia conforme este estatuto e as disposición legais vixentes.

d) Cualificar e organiza-las actividades e competecións oficiais dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaboración dos programas de promoción xeral do tiro con arco no ámbito da Comunidade Autónoma, tanto desde a técnica como nos aspectos científicos e educativos e con outros deportes afines, en tódalas especialidades, promovendo e organizando actividades dirixidas ós arqueiros como conferencias, congresos e colaborar cos organismos e entidades na investigación, estudio e práctica do tiro con arco, velando polo prestixio do tiro con arco.

f) Colaborar coas administracións públicas na formación de técnicos deportivos, e na prevención, control e represión do uso de substancias prohibidas e da violencia no deporte.

g) Organizar e dirixir en exclusiva as competicións de carácter oficial que se celebren dentro do ámbito territorial de Galicia, de acordo coas normas e regulamentos autonómicos, nacionais e internacionais que lle sexan de aplicación. Expedirá para estes efectos as correspondentes licencias deportivas.

h) A representación de Galicia en actividades e competicións deportivas de carácter estatal organizando as seleccións autonómicas.

i) Exerce-lo control das subencións oficiais que se asignen ás asociacións e entidades deportivas nas condicións que regulamentariamente se establezan.

j) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva, nos termos establecidos na normativa, sobre todas aquelas persoas ou entidades que, atopándose federadas desenvolven a modalidade deportiva correspondente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

k) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Artigo 5º

Para os efectos do artigo precedente, enténdese que son competicións oficiais de tiro con arco do ámbito da Comunidade Autónoma aquelas recoñecidas como tales pola FGTA, respecto ás que dictará normas regulamentarias oportunas para a súa regulación. Tales competicións deberán estar abertas a tódolos deportistas e clubs deportivos afiliados a FGTA, sen discriminación de ningún tipo, agas das derivadas das condicións técnicas de natureza deportiva axustándose ós regulamentos da RFETA e da FITA.

Artigo 6º.-Organización territorial.

1. Para mellor desenvolvemento e xestión do tiro con arco, a FGTA organízase territorialmente en

catro delegacións provinciáis que terán un ámbito territorial coincidente coas da Comunidade Autónoma.

Poderán, así mesmo, crearse seccións ou asociacións que agrupen estamentos do ámbito da FGTA.

Tódolos órganos territoriais adoptarán a mesma estructura orgánica e democrática da FGTA.

Cada delegación quedará integrada polos clubs, deportistas, técnicos e xuices que correspondan o ámbito fixado para cada delegación.

2. As delegacións axustarán a súa actividade ás normas dictadas pola FGTA a través dos órganos correspondentes, e sinaladamente, do seu presidente.

3. Os titulares das delegacions serán nomeados e cesados polo presidente da FGTA, de acordo co artigo 30º dos presentes estatutos.

A composición do equipo directivo da delegacion e a competencia del, será de libre facultade do titular da delegación, que dará conta o presidente da FGTA. Poderá nomear un secretario, e, se é o caso, un tesoureiro.

Artigo 7º.-Estamentos.

A FGTA está integrada polos seguintes estamentos:

1. Arqueiros.

2. Clubs e entidades deportivas.

3. Técnicos monitores e adestradores.

4. Xuíces-árbitros.

5. Outros colectivos interesados que promovan, practiquen ou contibúan ó desenvolvento do tiro con arco.

A integración na FGTA levará consigo a integración automática e para tódolos efectos na Real Federación Española de Tiro con Arco.

Artigo 8º.-Composición dos estamentos.

1. Pertencen ó estamento de arqueiros da FGTA tódalas persoas físicas que teñan licencia emitida pola FGTA o RFETA por mediación da FGTA e estean ó corrente de pagamento da mesma.

2. Pertencen ó estamento de clubs deportivos da FGTA aqueles clubs ou entidades deportivas constituídas e rexistradas conforme a lexislación vixente, que teñan o seu domicilio social e desempeñen a súa actividade en Galicia, e que teñan por fin principal practica-lo tiro con arco conforme estos estatutos e regulamentos da FGTA, e someterse ás autoridades dos órganos federativos nas materias da sua competencia. Deberán estar ó corrente de pagamento das obrigas federativas.

3. Pertencen ó estamento de técnicos monitores e adestradores aquelas persoas físicas tituladas como tales pola propia FGTA ou pola RFETA de acordo coas fórmulas que en cada momento se esixan. Deberán posuí-la licencia correspondente e estar ó corrente de pagamento da mesma.

4. Pertencen ó estamento de xuíces-árbitros aquelas persoasfísicas tituladas como tales pola propia

FGTA ou pola RFETA de acordo coas fórmulas que en cada momento se esixan. Deberán posuí-la licencia correspondente e estar ó corrente de pagamento da mesma.

Artigo 9º.-Licencias.

A integración na FGTA producirase mediante a expedición por esta da correspondente licencia federativa ou documento de afiliacioon ou inscrición.

Para participar nas competicións oficiais de tiro con arco no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia será preciso posui-la correspondente licencia federativa en vigor expedida pola FGTA ou pola RFETA a través daquela.

A FGTA poderá expedi-las suas propias licencias de acordo coas súas normas, en conformidade coas normas de RFTA e FITA.

Artigo 10º.-Dereitos e deberes básicos dos membros da FGTA.

Son dereitos básicos dos compoñentes dos estamentos integrados na FGTA os seguintes:

a) Participar como electores e elixibles ós órganos de reprentación e goberno da FGTA dentro das condicións establecidas polos presentes estatutos.

b) Expresar libremente as súas opinións no seo da FGTA, con suxeción a lexislación vixente.

c) Participar nas competicións oficiais de tiro con arco de acordo cos presentes estatutos e nos correspondentes regulamentos.

d) Figurar nas clasificacións oficiais editadas pola FGTA, sempre que reúnan os requisitos deportivos necesarios para isto.

e) Agruparse en asociacións deportiva, con o sen personalidade xurídica, que deberán estar integradas necesariamente na FGTA.

f) Os demais dereitos derivados da lei dos presentes estatutos.

Son deberes básicos dos devanditos compoñentes os seguintes:

a) Cumprir e facer cumpri-las disposicións legais, os presentes estatutos e demais regulamentos da FGTA e normas propias polas que se rexan.

b) Someterse á autoridade dos organismos federativos do que dependan, e no caso de entidades e clubs deportivos, cede-las súas instalacións cando sexan necesarias para celebrar actos ou competicións organizadas por aqueles e sempre que o permitan as suas propias actividades.

c) Contribuír os orzamentos da FGTA pagando cuotas e outras obrigas pecuniarias aprobadas pola asemblea xeral, así como as multas nas que puidesen incorrer por sanción federativa. A xunta directiva da FGTA poderá acordar dar de baixa nesta a aquelas persoas ou entidades que imcumpran as obrigas previstas neste parágrafo, o que se comunicará para o seu referendo á asemblea xeral na primeira reunión que ésta celebre con posterioridade ó acordo da xunta directiva.

d) Non quebranta-la disciplina federativa en ningun dos seus ámbitos nin crear directa ou indirectamente situacions que poidan derivar en aldraxe ou molestia, e neutralizar polos medios máis eficaces as que eventualmente xurdan.

e) Contestar axiña as comunicacións recibidas dos órganos superiores, facilitándolles a estes cantos datos e informes soliciten.

f) Esixir e tramitar polos clubs e entidades deportivas a obtención da licencia de arqueiro a tódolos socios que practiquen o tiro con arco.

g) Calquera outra fixada polas disposicions legais, estatutos e regulamentos.

Sen prexuízo do previsto no anterior apartado c), e do que se dispoña na materia disciplinaria deportiva, as persoas ou entidades integradas na FGTA que incumpran o previsto nos presentes estatutos ou incorran en causas graves e obxectivas para iso, poderán ser dadas de baixa naquela por acordo da asemblea xeral, adoptado por maioria simple dos seus asistentes, sempre logo de instrucción dun expediente disciplinario no que se lle dará audencia ó interesado e que se axustará as normas xerais administrativas nesta materia.

Capítulo II

Órganos de goberno e representación

Sección primeira

Normas xerais

Artigo 11º.-Órganos de goberno.

Son órganos de goberno e representación da FGTA:

a) A asemblea xeral.

b) O presidente.

c) A comisión delegada, que deberá constituírse no seo da asemblea xeral, de asistencia á mesma.

d) O secretario da federación.

e) A xunta directiva.

f) O tesoureiro.

g) Os comités.

Artigo 12º.-Carácter dos órganos.

Son órganos de carácter necesario a asemblea xeral, o presidente, a comisión delegada e o secretario da federación.

Son órganos complementarios para asisti-lo presidente, a xunta directiva e o tesoureiro.

Artigo 13º.-Electividade.

Son órganos electivos a asemblea xeral, o presidente e a comisión delegada, e serán elixidos conforme a que se establece na parte correspondente destes estatutos.

Os demais órganos referidos no artigo 11º, é dicir, o secretario da federación, a xunta directiva e o tesoureiro, serán designados e destituídos libremente polo presidente.

Artigo 14º.-Comunicación.

O nomeamento ou a renovación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios e dos comités que puidesen crear

se dentro da FGTA, deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e á Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de 15 días a partir da data do nomeamento.

Artigo 15º.-Disposicións comúns ós órganos colexiados.

A convocatoria dos órganos federativos colexiados corresponderá ó seu presidente e dos acordos levantarase a correspondente acta polo seu secretario, especificando o nome das persoas que interviñesen e demais circunstancias que se consideren convenientes, así como o resultado da votación, e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Artigo 16º.-Incompatibilidades.

Son causas de inelixibilidad para o desempeño dos cargos de membro da asemblea xeral, da comisión delegada da asemblea, do presidente e de membro da xunta directiva da FGTA, as seguintes:

a) Estar condenado por sentencia xudicial firme que leve anexa a pena principal ou accesoria de inhabilitacion absoluta ou especial para cargo público.

b) Estar declarado incapaz por sentencia xudicial firme.

c) Estar inhabilitado para o exercicio de cargos federativos por sanción firme.

O cargo de presidente da FGTA é incompatible cos cargos de delegado provincial ou dun club de tiro con arco.

Os cargos de membro da xunta directiva, asemblea xeral e comisión delegada da mesma, son compatibles entre si e co desempeño de cargos directivos nas delegacións.

Cando sobreveña unha causa de incompatibilidade inicialmente non existente, a persoa afectada deberá cesar automaticamente no cargo que ocupe.

Artigo 17º.-Responsabilidad dos órganos da FGTA.

Polas responsabilidades federativas nas que poida incorrer no desempeño das suas funcions, os membros da asemblea xeral e da súa comisión delegada, asi como o presidente da FGTA, responderán ante a propia asemblea xeral. Os restantes órganos responderán ante o presidente da FGTA. En ámbolos casos a responsabilidade será esixida no ámbito disciplinario de conformidade co disposto no R.D. 1591/1992, do 23 de decembro.

Todo iso sen prexuízo das demáis accións legais y xudiciais de calquer tipo que poidan derivarse das conductas individuais ou colectivas dos órganos da FGTA. Para estes efectos, o presidente da FGTA estará facultado, no nome desta, para interpor e segui-las devanditas accións.

Sección segunda

Asemblea xeral

Artigo 18º.-Composición. Duración. Forma.

1. A asemblea xeral é o órgano superior da FGTA, composta de 26 membros, na que estarán representados os seguintes estamentos:

a) Arqueiros.

b) Entidades deportivas inscritas na FGTA e no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas.

c) Xuíces.

d) Técnicos.

e) Outros colectivos, segundo o previsto no artigo 7º.5 destes estatutos.

f) Os delegados provinciais, que deberán te-los requisitos previstos nestes estatutos.

2. Os seus membros serán elixidos cada 4 anos, por sufraxio libre, igual, directo e secreto, entre e polos compoñentes de cada estamento, de acordo coa proporción que se establece no presente estatuto, coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, agás que concorran causas excepcionais que deberán ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución.

3. A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en comisión delegada.

Artigo 19º.-Electores e elixibles.

1. Na asemblea xeral terán a consideración de electores e elixibles en representación dos estamentos recollidos no artigo anterior:

a) Os arqueiros que teñan a condición de cidadás de Galicia, segundo o artigo 3 da Lei orgánica, do 1/1981 do 6 abril, maiores de idade en pleno exercicio dos seus dereitos civís, que teñan licencia en vigor, expedida ata o momento da convocatoria das eleccións e a tivesen durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de tiro con arco de carácter oficial. Cando na tempada deportiva non exista competición ou actividades do dito carácter oficial bastará estar en posesión da licencia federativa e os requisitos de capacidade mencionados. Non estar suxeito á corrección disciplinaria de carácter deportivo que o inhabilite. Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitacion absoluta ou especial para cargo público. Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presentes estatutos. Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento

deportivo.

b) As entidades deportivas inscritas na FGTA, nas mesmas circunstancias que as sinaladas no apartado anterior.

c) Os técnicos con titulación oficialmente recoñecida, xuíces e árbitros, e outros colectivos interesados, así mesmo en idénticas circunstancias ás sinaladas no así mesmo citado parágrafo a).

2. Os membros da asemblea xeral formarán parte dela mentres cumpran os requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento. Se se produce unha vacante será cuberta co seguinte candidato máis votado.

Artigo 20º

1. A representación na asemblea xeral dos distintos estamentos, de acordo co establecido no artigo

18º dos presentes estatutos, responderá ás seguintes proporcións:

a) Membros natos, con voz pero sen voto, quen en cada momento sexan delegados provinciais da FGTA, designados de acordo co establecido no artigo 6º do presente estatuto.

b) entidades deportivas inscritas na FGTA, entre as que se inclúen as sociedades anónimas deportivas de tiro con arco, se as houbese: 70%. Total: 18 membros.

c) Arqueiros: 20%. Total: 6 membros.

d) Técnicos: 5%. Total: 1 membros.

e) Xuíces: 5%. Total: 1 membros.

Os representantes dos estamentos de técnicos-monitores-adestradores, e de xuíces pertenecerán a unha circunscrición única, correspondente á totalidade do territorio autonómico galego.

Os representantes dos estamentos de clubs deportivos e de arqueiros distribuiranse, para cada elección a membros da asemblea xeral, entre as circunscripcións territoriais constituídas por cada unha das provincias da Comunidade Autónoma. E a distribución farase automaticamente tomando como base as proporcionalidades existentes, en cada estamento, entre o total autonómico de electores e elixibles e o correspondente a cada provincia.

2. Na convocatoria de eleccións a asemblea xeral fixarase o número de membros dela.

Artigo 21º.-Funcións.

Corresponde á asemblea xeral, en reunión plenaria, con carácter necesario e independente do asignado nos estatutos.

a) A aprobación do orzamento anual e a súa liquidación.

b) A aprobación do calendario deportivo e das bases e regulamentos que rexerán a competición.

c) A aprobación dos regulamentos.

d) A aprobación e modificación dos seus estatutos.

e) A elección e cesamento do presidente.

f) Control e aprobación da xestión económica e deportiva da FGTA

g) Aprobación por maioría de dous tercios dos membros da asemblea, do alleamento e gravame dos bens inmobles da FGTA.

h) Fixación modificación e regulación das cotas de afiliación e demáis cargas de carácter económico que poidan establecerse sobre os integrantes da FGTA.

i) Disolución da FGTA.

j) Concesión de honores e distincions, por proposta da xunta directiva e de acordo co que establezan os regulamentos.

k) Cantas outras resulten da lei ou destes estatutos..

Artigo 22º.-Réxime.

As reunións da asemblea xeral axustaranse o seguinte réxime:

a) A asemblea xeral reunirase unha vez ó ano, necesariamente antes de comeza-la nova tempada deportiva, en sesión ordinaria para os fins da súa competencia e como mínimo para a aprobación do novo orzamento e liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo, e das bases ou regulamentos que rexerán a competición e para a aprobación da memoria de actividades anuais.

b) As demais reunións terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente, ou por proposta dun número de membros da asemblea non inferior ó 25%.

Presentada a solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente deberá convocala necesariamente no prazo de 10 días naturais. Desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poderán transcorrer máis de 20 días naturais.

c) A convocatoria, que deberá conte-la orde do día da reunión, farase pública no taboleiro de anuncios da federación e nas delegacións territoriais con 10 días de antelación á data da celebración. En todo caso notificarase individualmente a cada uno dos membros da asemblea, por calquera medio que permita ter constancia da data de recepción dela, cunha antelación mínima de 48 horas.

d) Actuará como Presidente da asemblea xeral, con voz e voto, quen o sexa da FGTA e como secretario quen o sexa da propia federación. O Presidente dirixirá a asemblea e os debates, dará a palabra a quen a solicite e poderá retirala cando as circunstancias o xustifiquen.

e) A asemblea xeral quedará validamente constituída cando concorran na primeira convocatoria a metade máis un dos seus membros, e na segunda convocatoria, que terá lugar media hora máis tarde, calquera que sexa o número de asistentes.

Acadado o quórum suficiente en calquera das dúas convocatorias, o presidente declarará constituída a asemblea e manifestará o número dos asistentes. Os membros da asemblea que se incorporen con posterioridade a este momento, só poderán votar se aínda non fosen chamados a deposita-los seus votos, neste caso a sua asistencia terase en conta a efecto do quórum nas votacións.

f) O desenvolvemento das reunións da asemblea xeral axustarase á orde do día previsto e comunicado. Calquera membro da asemblea poderá tomar a palabra, que deberá utilizar ordenadamente e por tempos prudenciais en función das circunstancias da reunión.

g) Os acordos da asemblea xeral adoptaranse por maioría simple de votos entre os asistentes á reunión, agás que nestes estatutos se especifiquen maiorías cualificadas para asuntos concretos. No caso de empate, o presidente terá voto de calidade.

As cuestións sobre as que verse o voto, serán formuladas de forma clara e concreta pola presidencia o por calquer membro da asemblea en forma de moción, debendo votarse conxunta e alternativamente as que fosen opostas.

Non poderán presentarse mocións nin efectuarse votacións sobre asuntos que non fosen previamente incluidos na orde do día. Se nesta figurase o apartado de «Rogos e preguntas», deixarase constancia na acta, simplemente, das manifestacións que poidan producirse sobre temas plantexados nese capítulo.

Artigo 23º.-Convocatoria subsidiaria.

Co fin de garanti-lo cumprimento efectivo das funcións encomendadas á FGTA, a Secretaría Xeral para o Deporte convocará á asemblea xeral ou á comisión delegada, para o debate e resolución, se procede, de asuntos ou cuestións determinadas, cando aquelas non fosen convocadas por quen ten a obriga estatutaria de facelo no tempo regulamentario.

Artigo 24º.-Carácter do voto.

O voto será persoal. Non se admitirá a delegación de voto agás o correspondente ós clubs deportivos que poderá exercelo o seu presidente ou a persoa na que el delegue, sempre que non sexa membro da asemblea da federación, de acordo cos seus propios estatutos con carácter expreso e escrito para cada reunión. Ninguén poderá desempeñar máis dunha delegación de voto.

Non se admitirá o voto por correo.

Artigo 25º.-Efectividade dos acordos.

Os acordos da asemblea xeral poderán versar sobre calquera materia da súa competencia e serán inmediatamente executivos, coidando da súa execución o presidente e a xunta directiva, sen prexuízo dos recursos que correspondan ante a xurisdicción competente.

Non poderán adoptarse acordos contrarios ós presentes estatutos sen a sua previa modificación, que deberá efectuarse, en todo caso, de acordo co procedemento estatutario.

Sección terceira

comisión delegada

Artigo 26º.-Natureza.

No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da FGTA.

O mandato da comisión delegada coincidirá co da asemblea xeral.

Artigo 27º.-Composición.

A comisión delegada estará composta polo 15% dos membros da asemblea xeral. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15.

a) A comisión delegada será elixida entre e pola asemblea xeral mediante sufraxio entre os seus

membros ó inicia-lo seu mandato. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

b) Estará composta polo presidente, que a presidirá, e que será o da FGTA, e por un número de membros que determinará o Regulamento electoral.

Todos eles elexidos por e de entre os membros da asemblea xeral, e manterán os seus cargos na comisión delegada, mentres sigan sendo membros da asemblea xeral dentro do período do seu mandato.

No caso de que se producise algunha vacante cubriríase co seguinte candidato mais votado.

Actuará como secretario, só con voz, o que o sexa da propia FGTA.

Artigo 28º.-Convocatoria.

A comisión delegada reunirase, como mínimo, cada 4 meses para os fins da súa competencia e polo menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da FGTA.

Tamén poderá reunirse a comisión delegada, con carácter extraordinario, e convocada polo presidente, nos seguintes casos:

a) Por iniciativa do propio presidente.

b) Por iniciativa dun número de membros da propia comisión delegada non inferior a 5.

No caso B, o presidente deberá convoca-la comisión delegada dentro dun prazo máximo de quince días desde a recepción da petición que os membros da comisión deberán dirixirlle, en forma que faga e por escrito no que conste inequivocamente a adhesión á petición do número de membros requirido.

Será de aplicación analóxica e supletoria o establecido no precedente artigo 22º.

Artigo 29º.-Funcións.

Correspnden a comisión delegada da asemblea xeral as seguintes funcións:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modifiación do calendario deportivo.

c) A modificacion dos orzamentos e dos regulamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da FGTA.

As modificacións non podrán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van tratar na comisión delegada corresponde ó presidente ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Sección cuarta

Do pesidente

Artigo 30º.-Réxime e funcións.

O presidente da FGTA é o órgano de goberno e representación que desempeña a súa represen

tación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos dos mesmos.

O presidente poderá nomear delegados nas localidades aprobadas pola asemblea xeral, que actuarán seguindo as súas instruccións e por delegación nas funcións que se lle encomenden. Os devanditos delegados poderán ser substituídos polo presidente segundo o seu criterio.

Artigo 31º.-Duración.

A duración do cargo de presidente será de catro años.

Artigo 32º.-Elección.

O presidente da FGTA será elixido cada catro anos coincidindo cos anos dos Xogos Olimpicos de inverno, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto polos membros da asemblea xeral que debe elixirse previamente para o mesmo período e na primeira sesión que esta celebre.

Os candidatos, que poderán non ser membros da asemblea xeral deberán ser presentados, como mínimo polo 15 por cento dos membros da asemblea e a súa elección producirase por un sistema de dobre volta, no caso de que na primera volta ningún candidato alcance a maioría absoluta dos votos emitidos. Polo demais, será de aplicación o disposto nos presentes estatutos en materia electoral.

Artigo 33º.-Vacante.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o plazo para o que foi elixido, considerarase dimisionaria toda a xunta directiva, constituíndose a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará á asemblea xeral, e esta acordará unha nova elección do presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente o mandato ordinario. Se a vacante se producise por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ó disposto no artigo 37º destes estatutos.

Artigo 34º.-Gratuidade.

O cargo de presidente será gratuíto, sen prexuízo de que poida percibi-las indemnizacións xustificadas por axudas de custo e locomocións.

Artigo 35º.-Incompatibilidades

O desempeño do cargo de presidente será incompatible coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas; exceptúase á Real Federación Española de Tiro con Arco.

b) Realizar actividades ou desempeño de cargos en asociacións deportivas ou clubs dependentes integrados na FGTA.

c) A persoa que resulte elixida como presidente da FGTA deberá cesar en todo tipo de actividades directivas no deporte específico e no ámbito territorial da federación. Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica do deporte.

Artigo 36º.-Cesamento.

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo polo que foi elixido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade, ou incompatibilidade. Neste último caso dispoñería dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 37º.-A moción de censura.

A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúan polo menos un 25% da mesma mediante escrito presentado no rexistro da FGTA. Na devandita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción, como único punto da orde do día así como propoñer un candidato alternativo á presidencia. No caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de doble volta, debendo acadar maioría absoluta dos membros que compoñen a asemblea na primeira ou maioría simple de asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido, cun mandato polo prazo que falta para concluí-lo período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a que se refire este artigo, haberá que aterse ó disposto no artigo 22º destes estatutos. A sesión da asemblea xeral na que se debata a moción de censura, estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non se poderá presentar unha nova dentro do período dun ano, como tampouco se poderá presentar, caso de prosperar, contra o candidato investido na devandita moción polo tempo que falta para concluí-lo período dun ano.

Capítulo III

Órganos complementarios dos de goberno e representación

Artigo 38º.-Órganos complementarios.

Son órganos complementarios dos de goberno e representación da FGTA, para asistir ó presidente:

a) A xunta directiva.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Artigo 39º.-A xunta directiva.

1. A xunta directiva e o órgano colexiado de xestión da FGTA; os seus membros son designados e destituídos libremente polo presidente.

O número de membros será establecido pola asemblea xeral e non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15.

O presidente elixirá entre os membros da xunta directiva un vicepresidente, que o será tamén da federación, que substituirá o presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; un secretario, que lo será de la FGTA e un tesoureiro.

Os anteriores cargos poderán ser removidos polo presidente cando o considere conveniente.

2. O secretario xeral.

O presidente da FGTA nomeará un secretario, que exercerá as funcións de fedatario e asesor, e máis especificamente:

a) Levantar actas das sesións dos órganos de goberno e representación, con indicación dos asistentes, temas tratados, o resultado das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios o acordo adoptado.

b) Expedi-las certificacións oportunas das actas dos órganos de goberno e representación.

c) Remitir á Secretaria Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de 15 días desde a data da súa celebración, así como as convocatorias delas.

d) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e os regulamentos da FGTA, o lle sexan delegadas polo presidente.

e) No caso de ausencia ou imposibilidade física do secretario, as súas funcions serán desempeñadas polo propio presidente da FGTA ou pola persoa na que delegue.

3. O tesoureiro da FGTA e o órgano de administración da mesma.

Exercerá como funcións propias:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da federación.

c) Eleborar e presentar informes á comisión delegada do estado contable da federación

d) Calquera outra función que lle encomenden os estatutos e regulamentos da federación.

Tódolos cargos serán gratuítos e no caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola asemblea xeral e constar de manera diferenciada no orzamento. En ningun caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo as subvencións públicas que reciba a FGTA.

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral, terán acceso ás sesións da mesma, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 40º

Para ser membro da xunta directiva non será necesario formar parte da asemblea xeral, pero si da federación.

Artigo 41º.-Cesamento.

Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Vacancia na presidencia, sen prexuízo da sua conversión en comisión xestora nos casos previstos nestes estatutos.

b) Demisión.

c) Morte ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Incorrer en causa de inelixibilidade, ou na causa de incompatibilidade.

e) Cesados directamente polo presidente co cumprimento das comunicacións a que se refiren os presentes estatutos.

Artigo 42º

A xunta directiva como órgano colaborador do presidente non terá competencias propias e exercerá por delegacion, as que lle encomende o presidente que poderá avocar e revogar en calquera momento.

Artigo 43º

Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

Capítulo IV

Dos órganos técnicos e asesores

Sección primeira

Comisións en xeral

Artigo 44º.-Creación.

1. A FGTA poderá crear, logo de aprobacion pola asemblea xeral, cantas comisións técnicas precise, ademais das seguintes:

a) A dirección técnica.

b) Os comités de disciplina deportiva: comité de competición o xuíz único e comité de apelación.

c) Comité de xuíces.

Tódalas comisións se rexerán polos seus respectivos regulamentos internos e, se é o caso, pola normativa nacional da Real Federación Española de Tiro con Arco, pola lexislación aplicable, e polo disposto nos presentes estatutos.

2. Tódolos presidentes dos comités serán nomeados polo presidente da FGTA.

Seccion segunda

Comité de xuíces

Artigo 45º

No seo da FGTA constituirase, de maneira obrigatoria, un comité de xuíces, do que o presidente será designado polo presidente da FGTA a proposta do comité, segundo o seu regulamento.

Este comité adoptará a estructura territorial da FGTA.

Serán funcións deste comité:

a) Establece-los niveis de formación de xuíces.

b) Clasificar tecnicamente os xuíces. Estas clasificacións comunicaranse á asemblea xeral.

c) Propoñe-los candidatos a xuíces nacionais.

d) Propoñerlle á asemblea xeral as normas administrativas que regulan a arbitraxe.

e) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

O regulamento do comite de xuíces quedará integrado neste estatuto como anexo del.

Capítulo V

Réxime electoral

Sección primeira

Os censos

Artigo 46º.-Composición.

Compoñerán os censos correspondente a cada estamento electoral tódolos membros da FGTA que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nos presentes estatutos e no Regulamento electoral.

Sección segunda

Regulamento electoral

Artigo 47º.-Proceso electoral.

Os procesos electorais desevolveranse conforme o Regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, a proposta do presidente, e haberá de regula-las seguintes cuestións:

1. Número de membros da asemblea xeral, circunscrición electoral e número de representantes que por cada circunscrición eletoral corresponda a cada un dos estamentos.

2. Calendario electoral.

3. Censo electoral.

4. Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

5. Requisitos para a presentación e proclamación de candidatos. O termo para a presentación de candidatos a presidente e membros da asemblea xeral non poderá ser inferior a dez días.

6. Procedemento de resolución dos conflictos, impugnacións e reclamacións así como os recursos electorais.

7. Regulación do voto por correo nas eleccións á asemblea xeral. Non se admitirá esta clase de voto nas eleccións á comisión delegada e a presidente.

8. Composición, competencia, funcionamento e localización das mesas electorais.

9. Elección do presidente.

10. Elección da comisión delegada.

O Regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Sección terceira

A comisión xestora

Artigo 48º

Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e probado o Regulamente electoral, o

presidente procederá no prazo designado no mesmo á convocatoria das elecions á asemblea xeral. A partir dese momento, a xunta directiva, e o presidente constituiranse en comisión xestora, e someterán o Regulamento electoral á ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e a presidente, do mesmo xeito, do Regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción da devandita notificación. Deberá expoñerse o Regulamento electoral en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentase ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Sección cuarta

Circunscrición electoral

Artigo 49º.-Ámbito territorial.

A circunscrición electoral será cada unha das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra na que teña o seu domicilio, para efectos federativos, cada un dos membros dos respectivos estamentos de clubs e de arqueiros.

Para os técnicos-adestradores e xuíces, a circunscrición será única para todo o territorio da Comunidade Autónoma.

Sección quinta

Xunta electoral

Artigo 50º.-Composición.

1. A xunta electoral estará composta por tres membros, que se elixirán entre persoas que non sexan candidatos, en elección libre, directa, igual e secreta. Designarase así mesmo os membros suplentes, en igual número e condicion que os titulares.

2. De entre os membros designados, o presidente será o de maior idade, e actuará como secretario o membro de menor idade.

3. Os membros da xunta electoral non poderán figurar como candidatos á asemblea xeral e á presidencia da FGTA.

4. A xunta electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para coñecer e resolve-las incidencias que se produzan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da asemblea xeral, da comisión delegada e do presidente da FGTA, así como a decisión de calquera outras cuestións que afecten directamente á celebración das eleccions e a seus resultados. Unha vez rematada a votación levantará acta da votación e o reconto e

remitirá o acta á Secretaría Xeral para o Deporte no prazo máximo de tres días.

5. As decisións da xunta electoral son executivas e formarase por maioría de votos. No caso de empate, o voto do presidente terá caracter dirimente.

6. Una vez concluído o proceso electoral da asemblea xeral, do presidente da FGTA e da comisión delegada, a xunta electoral se disolverá.

7. As vacantes que se produzan entre os titulares da xunta electoral, serán cubertas polos membros suplentes pertenecentes o mesmo estamento.

Sección sexta

Mesas electorais

Artigo 51º

Para a elección dos distintos estamentos da asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada, constituirase unha ou varias mesas electoráis na forma establecida no Regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos, axustándose o seu funcionamento as normas que se establezan no Regulamento electoral.

Sección séptima

Recursos

Artigo 52º

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta electoral contra o que ésta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, contra tódolos actos, acordos ou resolucións da xunta electoral ou calquera outro órgano ou membro da FGTA en materia electoral.

A interposición de recurso non suspenderá o acordo da xunta electoral que fose recorrido.

Sección oitava

Elección da asemblea xeral

Artigo 53º

1. Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno mediante sufraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da FGTA.

2. As eleccións á asemblea xeral serán acordadas pola mesma que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que se establecerán no Regulamento electoral, que así mesmo se aprobe.

3. Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de eleccions, o acordo será formalmente executado polo presidente da FGTA quen a asinará.

4. Desde a convocatoria ata a celebración desta asemblea xeral, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, de acordo co disposto no artigo 48º dos presentes estatutos.

Artigo 54º.-Candidatos.

Para ser candidato a membro da asemblea xeral requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 19º destes estatutos.

Os requisitos esixidos para ser electores ou elixibles deberán ter cumpridos no día no que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 55º

As eleccions á asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes os estamentos integrantes dela de acordo co previsto nestes estatutos.

Cada elector exercerá o seu dereito de voto na mesa electoral correspondente a sua circunscrición, votando cada un só polo estamento que lle corresponda, salvo que reúna os requisitos necesarios para estar integrado en dous o máis estamentos neste caso poderá exercer o dereito de voto en cada un dos estamentos a que pertenza.

Artigo 56º.-Elección de clubs.

Os representantes dos clubs deportivos na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes dos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integran o censo de clubs deportivos inscritos no registro público da FGTA e no Registro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccions e estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades do tiro con arco de carácter oficial organizada pola FGTA ou pola Real Federación Española de Tiro con Arco coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 57º.-Elección de arqueiros.

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos entre e polos maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida por la FGTA ata o momento da convocatoria das eleccións e tamén a tiveran durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de tiro con arco de carácter oficial organizadas pola FGTA o pola Federación Española de Tiro con Arco coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 58.-Elección de técnicos e xuíces.

Os representantes dos técnicos adestradores- monitores e dos xuíces na asemblea xeral serán elixidos entre e polos compoñentes de cada estamento, calquera que sexa a sua categoría, dos que teñan licencia en vigor ata o momento da convocatoria das eleccións e a tivesen durante a tempada deportiva inmediatamente anterior, calquera que sexa a categoría da licencia.

Sección novena

Elección do presidente

Artigo 59º

Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, logo de

acordo da mesma, procederá inmediatamente á convocatoria da dita asemblea para elixi-lo presidente e a comisión delegada da FGTA.

O presidente será elixido para un período de catro anos, coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, pola asemblea xeral, por sufraxio libre, igual, directo e secreto polos membros da asemblea xeral previa a presentación e aceptación das candidaturas correspondentes que deberán estar avaladas, polo menos 15% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidentes poderán non ser membros da asemblea xeral.

Non se admitirá o voto por correo, nin por delegación das persoas físicas.

Artigo 60º

Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos.

No caso de que ningún candidato alcance esta maioría procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría de votos.

No suposto de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación, sendo proclamado presidente o único candidato pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 61º.-Requisitos.

Para poder ser candidato a presidente da FGTA haberá que reuni-las condicións seguintes:

a) Te-la condición política de galego segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

b) Ser maior de idade e estar no pleno uso dos dereitos civís.

c) Non ter incorrido en ningunha sanción deportiva que o inhabilite,imposta polos órganos disciplinarios da FGTA ou polo Comité Galego de Disciplina Deportiva.

d) No ter sido condenado por sentencia xudicial firme que leve aparellada pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de cargos públicos.

Artigo 62º

A persoa que resulte elixida como presidente da FGTA ten que cesar en todo tipo de actividades técnicas e directivas no tiro con arco e no ámbito territorial da FGTA.

Sección décima

Elección comisión delegada

Artigo 63º

Na mesma asemblea xeral convocada para a elección de presidente, e unha vez realizada esta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral, de acordo co disposto no artigo 27º destes estatutos.

Os membros da comisión delegada serán elixidos entre e polos integrantes da asemblea xeral por voto libre, igual, directo e secreto. O voto será persoal e non se admitirá o voto por correo nin a delegación de voto as persoas físicas.

Serán elixidos membos da comisión delegada os que obteñan maior numero de votos ata cubri-lo número de membros correspondente á comisión delegada.

Se se produce unha vacante será cuberta co seguinte candidato máis votado.

Capítulo VI

Réxime económico

Artigo 64º

1. A FGTA está sometida ó seu propio réxime de administración e xestión de orzamento e patrimonio e caixa única.

A FGTA levará os correspondentes libros de contabilidade, dos que deberá deducirse tanto a situación patrimonial como a producción de ingresos e gastos, dereitos e obrigas e axustarase ás normas dos plans de contabilidade das federacións deportivas que dicten a consellería correspondente.

2. A FGTA ten un patrimonio e unha actividade económica propia. Nesta materia, xunto coas regras que se establezan nos artigos seguintes seralle de aplicación o disposto no artigo 36 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, así como na Orde do 28 xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas e as demáis disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación.

3. A vida económica da FGTA axustarase a un orzamento anual no que figurarán ingresos e gastos nivelados e clasificados por funcións, capítulos, artigos, conceptos e partidas.

4. O orzamento deberá elaborarse anualmente correspondendo a súa aprobación á asemblea xeral.

5. A FGTA non poderá aprobar orzamentos deficitarios; excepcionalmente a Secretaria Xeral para o Deporte poderá autoriza-lo carácter deficitario de tales orzamentos.Tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membros.

6. A requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte, nas condicións que esta determine, a FGTA deberá someterse á inspección do seu réxime documental, así como auditorías financeiras sobre a totalidade dos seus gastos.

Artigo 65º.-Patrimonio e recursos.

O patrimonio da FGTA está integrado polos bens dos que lle corresponda a titularidade.

1. Son recursos da FGTA:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas ou a RFETA lles conceda.

b) Os bens e dereitos que reciba por herdanza, legado ou doazón que lles outorguen.

c) As cotas dos seus afiliados.

d) As sancións pecuniarias que se impoñan ós seus afiliados dentro do exercicio da potestade disciplinaria.

e) Os froitos, rendas e xuros do seus bens patrimoniais.

f) Os préstamos ou créditos que lle concedan.

g) Os beneficios que produzan as actividades e competicións deportivas que organice, e os derivados dos contratos que realice. Neste sentido a FGTA poderá exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios.

h) Calquera outro que poida serlle atribuído por disposición legal ou por convenio.

2. A FGTA destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxecto social.

Artigo 66º.-Memoria.

A FGTA elaborará unha memoria na que se incluirá a liquidación do orzamento que analizará fielmente a actividade económica da federación, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos que se vaian desenvolver, e informar separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:

1. Diferenciación dos ingresos e achegas segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou achegas privadas.

c) Vendas de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos para servicios prestados pola federación, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou invetimentos seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de elite e profesional.

i) Xuíces.

j) Organos xurisdiccionais.

3. a) O importe das obrigas de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

b) O importe das garantías e os avais comprometidos.

4. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

5. a) As contas anuais e os orzamentos teñen que estar no domicilio social da FGTA cunha antelacion mínima de 15 dias a celebración da asemblea, á disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, as cales poderán pedir copia que se lles entregará antes da celebración da asemblea.

6. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

Artigo 67º

A xestión económica ordinaria correrá a cargo do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobramentos e pagamentos. Autorizará coa sua sinatura, solidaria coa do presidente, ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros de contabilidade. Fará os balances que anualmente, deberán presentarse a asemblea xeral para sua aprobación.

Capítulo VII

Réxime documental

Artigo 68º.-Libros necesarios.

A FGTA levará, como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs nos que constarán a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades da Xunta de Galicia.

c) Libro de actas, un ou varios, nos que se reflectirán as reunións e acordos tomados pola asemblea xeral, a comisión delegada e a xunta directiva. Poderán incluirse tamen, se se considera oportuno. as deliberacións e acordos dos diversos comités.

d). Libros de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da comisión delegada no que deberán constar os nomes dos titulares ou representantes legáis e os domicilios para as citacións e comunicacións.

Artigo 69º.-Custodia e publicidade.

a) Custodia. O réxime documental da FGTA correrá a cargo do secretario a quen lle corresponde a

custodia dos libros da FGTA, levantar actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asina-las co Visto e prace do presidente, expedir certificacións, remiti-las certificacións e acordos que procedan á Secrearia Xeral para o Deporte, e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

b) Publicidade.

1. Toda persoa ou entidade integrada na FGTA poderá examina-los libros federativos relacionados no artigo anterior, sempre que formen parte da asemblea xeral e o soliciten por escrito motivado dirixido o presidente da FGTA. O exame levaráse a cabo na sede da FGTA, en presencia do secretario, sen que en ningún caso se permita o desplazamento dos Libros fóra da sede.

2. O mesmo se aplicará, analoxicamente, a calquera solicitud de información distinta do exame dos libros, se ben a mesma poderá ser requirida por persoa ou entidad integrada na FGTA, ainda que non pertenza a ningun dos órganos citados.

3. No obstante o mencionado nos números anteriores, os membros da xunta directiva o da comisión delegada da asemblea terán libre acceso, en calquera momento, ós antecedentes e documentos da FGTA.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario e xurisdiccional

Sección primeira

Principios xeráis do réxime disciplinario da FGTA

Artigo 70º.-Normativa aplicable.

O réxime disciplinario da FGTA réxese polo previsto na Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, e no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva, polo regulado no presente capítulo destes estatutos e polas disposicións federativas aprobadas conforme a elas.

Artigo 71º.-Ámbito obxectivo.

O ámbito disciplinario da FGTA esténdese as infraccións das regras do tiro con arco e das normas xeráis deportivas.

Son infraccións ás regras do tiro con arco as accións ou omisions que, durante o curso da actividade deportiva do tiro con arco, vulneren, impidan ou perturben o seu normal desenvolvemento.

Son infraccións ás normas xerais deportivas as demáis accions ou omisions que sexan contrarias ás devanditas normas.

O réxime disciplinario da FGTA é independente da responsabilidade civil ou penal, ou de relacións laborais, que se rexerá pola lexislación aplicable en cada caso.

Artigo 72º.-Ámbito subxectivo.

A potestade disciplinaria da FGTA, segundo o previsto no artigo 4.j) dos presentes estatutos, exér

cese sobre tódalas persoas que forman parte da súa estructura orgánica, os clubs deportivos e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuices e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas desenvolvan a actividade deportiva de tiro con arco no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 73º.-Persoas responsables.

Serán persoas responsables disciplinariamente, e poderán ser sancionadas conforme a este capítulo, todas aquelas que cometan calquera das infraccións previstas nel.

Os menores de dezaseis anos estarán suxeitos a responsabilidade disciplinaria mais esta circunstancia de edad poderá ser apreciada como circunstancia atenuante polo órgano sancionador.

A responsabilidade disciplinaria poderá recaer sobre unha persoa xurídica, club deportivo o asociación cando a infraccion sexa consecuencia de accións ou omisións cometidas ou ordenadas polos seus órganos representativos no exercicio de suas funcións o cando estes colaborasen na comisión de calquera infracción o a permitisen cando poideron impedila.

Artigo 74º.-Clases de infraccións.

As infraccións que cometan as persoas suxeitas a estes estatutos na actividade deportiva o como consecuencia da mesma, poden ser leves, graves e moi graves.

O desenvolvemento do deporte de tiro con arco seranlles aplicables as regras de tiro con arco aprobadas pola Federación Internacional de Tiro con Arco e pola da Real Federación Española de Tiro con Arco.

Artigo 75º.-Infraccións moi graves.

Consideraranse como infraccións comúns moi graves as regras do tiro con arco ou competición, ou ás normas xerais deportivas:

a) Os abusos de autoridade.

b) Os quebrantamentos de sancións impostas.

c) As actuacións dirixidas a predeterminar mediante prezo, intimidación ou simples acordos no resultado dunha proba o competición-.

d) Os comportamentos, actitudes e xestos agresivos e antideportivos de arqueiros, cando se dirixan o xuíz, a outros arqueiros ou ó publico.

e) As declaracións públicas de directivos técnico, xuices deportistas ou socios que inciten os seus equipos ou a ós espectadores á violencia.

f) A falta de asistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións deportivas galegas, referidas tanto os adestramentos como á celebracion efectiva da proba ou competición.

g) A participación en competicións organizadas polos que promovan a discriminación racial ou sobre

os que pesen sancións deportivas impostas por organizacións internacionais o con deportistas que representen os mesmos.

h) Os actos notorios e públicos que atenten á dignidade ou decoro deportivos, cando revistan unha especial gravidade. Así mesmo, considerarase falta moi grave a reincidencia en infraccións graves por feitos desta natureza.

i) A manipulación ou alteración, xa sexa persoalmente ou a través de persoa interposta, do material o equipamento deportivo en contra das regras técnicas do tiro con arco cando poidan alterar a seguridade da proba ou competición ou poñan en perigo a integridade das persoas.

j) A participación incorrecta e a incomparecencia ou retirada inxustificada das probas, encontros ou competicións.

k) A inexecución das resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva ou do Comite Español de Disciplina Deportiva.

l) A realización de actos encamiñados a coarta-lo libre exercicio do tiro con arco. ou a celebración dun encontro, proba ou competición ou que obriguen a suspendela.

m) A conducta gravemente atentatoria á dignidade do tiro con arco ou dos seus representantes.

n) A utilización de substancias estimulantes ou estupefacientes que poidan producir alteracións no normal rendimento deportivo, de acordo coa normativa vixente en cada momento nesta materia.

Artigo 76º.-Infraccións moi graves dos directivos.

Ademais das infraccions comúns previstas no artigo anterior, son infraccións específicas moi graves dos presidentes e demáis membros directivos das entidades da organizacion de tiro con arco, as seguintes:

a) O incumprimento dos acordos da asemblea xeral, así como dos regulamentos electorais e demáis disposicións estatutarias ou regulamentarias.

Os incumprimentos constitutivos da infracción serán os expresados nos estatutos e regulamentos da FGTA, ou aqueles que, aínda non estándoo, revistan gravidade ou teñan especial trascendencia.

b) A non convocatoria, nos prazos ou condicións legais, de forma sistemática e reiterada dos órganos colexiados federativos.

c) A incorrecta utilización dos fondos privados ou das subvencións, créditos, avais e demáis axudas do Estado, da Comunidad Autónoma ou doutro modo concedidos con cargo os orzamentos xeráis do Estado ou da Xunta de Galicia, nas condicións que establece o artigo 15 c) do R.D. do 23 decembro de l992.

d) O compromiso de gastos de carácter plurianual do orzamento da FGTA sen a regulamentaria auto

rizacion según o previsto no artigo 29 do R.D. 1835/1991, do 20 de decembro.

e) A organización de actividades ou competicóns deportivas oficiais de carácter internacional sen a regulamentaria autorizacion.

Artigo 77º.-Infracción moi grave da FGTA.

Considerarase infracción moi grave da FGTA a non expedición inxustificada dunha licencia a que se refiren os presentes estatutos.

Artigo 78º.-Infraccións graves.

Terán a consideración de infraccións graves:

a) O incumprimento reiterado de ordes e instrucción emanados dos órganos deportivos competentes. En tales órganos encóntranse comprendidos os xuíces, técnicos, directivos e demais autoridades deportivas.

b) Os actos notorios e púùblicos que atenten á dignidade ou decoro deportivos.

c) O exercicio de actividades públicas ou privadas declaradas incompatibles coa actividade o función deportiva desempeñadas.

d) A non convocatoria, nos prazos ou condicions legais, dos órganos colexiados federativos.

e) O incumprimento das regras de administración e xestión do orzamento e patrimonio segundo estes estatutos e nas disposicións legais.

f) A manipulación ou alteración, xa sexa persoalmente o por persoa interposta, do material ou equipamento deportivo en contra das regras técnicas do tiro con arco.

g) As protestas individuais airadas e ostensibles, feitas publicamente contra xuíces, técnicos directivos e demáis autoridades deportivas.

Artigo 79º.-Infraccións leves.

Consideraranse infraccións leves:

a) As conductas contrarias ás normas deportivas que non estean tipificadas na cualificación de moi graves ou graves no presente estatuto ou nas normas legais o regulamentarias.

b) As observacións formuladas os xuíces, técnicos, directivos e demáis autoridades deportivas no exercicio das suas funcións que supoñan unha lixeira incorrección.

c) A lixeira incorrección co público, competidores, compañeiros e persoal de campo ou sala.

d) A adopción dunha actitude pasiva no cumprimento das ordes e instruccións recibidas de xuíces e autoridades deportivas no exercicio das súas funcións.

e) O descoido na conservación e cuidado dos locais sociais, instalacións deportivas e outros medios materiais.

f) Presentarse a unha proba ou competición con equipo e/ou vestimenta incorrecta, agás que a incorrección sexa emendada nun tempo razoable a xuizo do xuíz. O xuíz resolverá previamente o inicio da competicion nos casos de dúbida sobre a aceptación da roupa que vistan os arqueiros de acordo coa normativa nacional e internacional.

g) O arqueiro que non se reincorpore á competición tralo descanso será descualificado.

h) O arqueiro que abandone o campo ou a sala sen permiso do xuíz será descualificado.

Sección segunda

Das sancións

Artigo 80º.-Sancións por infraccións comúns moi graves.

A comisión das infraccións moi graves tipificadas no artigo 75º deste estatuto, corresponderanlle as seguintes sancións:

a) Multas non inferiores a 500.000 ptas. nin superiores a 5.000.000 de ptas.

b) Perda de puntos ou postos na clasificación.

c) Perda ou descenso de categoría ou división.

d) Celebración da proba a porta pechada.

e) Prohibición de acceso ós campos ou salas de tiro onde se desenvolven as probas ou competicións de tiro con arco por tempo non superior a cinco anos.

f) Perda definitiva dos dereitos que como socio da respectiva asocición deportiva lle correspndan, agás daqueles inherentes á condición, se é o caso, dunha sociedade anónima deportiva.

g) Clausura do recinto deportivo por un período que comprenda de catro probas ou competicións a una tempada.

h) Inhabilitación para ocupar cargos na organización de tiro con arco, ou suspensión ou privacion da licencia federativa ou habilitación equivalente das de ámbito estatal, con carácter temporal por un prazo de dous a cinco anos, en adecuada proporción á infracción cometida.

i) Inhabilitación a perpetuidade para ocupar cargos na organización do tiro con arco, ou privación a perpetuidade da licencia federativa ou habilitación equivalente de ámbito estatal, Estas sancións unicamente poderán acordarse, de modo excepcional pola reincidencia en infracción de extraordinaria gravidade.

Artigo 81º.-Sancións por infracción moi graves dos directivos.

Son as seguintes:

a) Amoestación pública.

b) Inhabilitación temporal de dous meses a un ano.

c) Destitución do cargo.

Estas sancións aplicaranse nos casos e forma previstos no artigo 22 do R.D. 1591/1992, do 23 decembro.

Artigo 82º.-Sancións por infración graves.

Son as seguintes:

a) Amoestación pública.

b) Multa de 100.000 a 500.000 ptas.

c) Perda de puntos ou postos na clasificación.

d) Clausura do recinto deportivo,

e) Privación dos dereitos de asociado, dun mes a dous anos, coa salvidade prevista no artigo 80º f) destes estatutos.

f) Inhabilitación para ocupar cargos, suspensión ou privación de licencia federativa ou habilitación equivalente das agrupacións de clubs do ámbito da Comunidade Autónoma, dun mes a dous anos ou de catro o máis competicións na mesma tempada.

Artigo 83º.-Sancións por infraccións leves.

1. As infraccións previstas nos apartados a), f), g) e h) do artigo 79º destes estatutos serán sancionadas conforme o previstos nel.

2. As demáis infraccións leves sancionaranse con:

a) Advertencia.

b) Multa de hasta 100.000 ptas.

c) Inhabilitación para ocupar cargos ou suspensión de hasta un mes, ou de un a tres probas ou competicións.

Artigo 84º.-Multas.

1. Unicamente poderán impoñerse sancións consistentes en multa os deportistas, técnicos o xuíces cando estes perciban retribucións polo seu labor e de acordo coa cuantía fixada neste capítulo. Entenderase aplicable a sanción de multa ás infracción cometidas por arqueiros con motivo dunha proba, competición ou torneo que esté dotado con premios de contido económico, con independencia de que aquéles os consiga polos seus resultados nos mesmos.

2. Para unha mesma infracción poderán impoñerse multa de modo simultáneo a calquera outras sancións de distinta natureza sempre que estea prevista para a categoría de infracción de que se trate e que, no seu conxunto, resulte congruente coa gravidade da mesma. A contía determinarase polo órgano sancionador de acordo coas circunstancias concorrentes, e dentro dos límites máximos fixados para cada caso. O non pagamento das multas terá a consideración de quebrantamento da sanción.

3. As multas deberán ser pagadas ó organo sancionador, no plazo máximo de quince días hábiles, contados desde a notificación da sanción. O pagamento acreditarase mediante o correspondente recibo.

Artigo 85º.-Alteracion de resultados.

Con independencia das sancións que poidan corresponder, os órganos disciplinarios terán a facultade de altera-lo resultado das probas, competicións ou torneos por causa de predeterminación mediante prezo, intimidación ou simples acordos, do resultado da proba ou competición; en supostos de participación indebida, e en xeral, en tódolos casos nos que a infracción supoña unha grave alteración do orden da proba, competición ou torneo.

Artigo 86º.-Rexistro de sancións e procedemento.

1.Rexistro.

A FGTA levará un libro rexistro de sancións para os efectos da reincidencia e prescrición das infraccións e sancións.

2. Procedemento.

Todo o referente á tramitación dos expedientes e do procedemento disciplinario, á prescrición, suspensión das sancións, prazos, notificacións, comunicacións, resolucións, recursos, regularase polo disposto no R.D. 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva.

Sección terceira

Órganos competentes na materia disciplinaria

Artigo 87º.-Xuíces e xurado de apelación.

1. Xuíces. Os xuíces dunha proba, competición ou campionato, serán os competentes para impoñe-las sanciós leves ás regras do tiro con arco ou da competición durante o desenvolvemento dos mesmos, actuando neste caso como órgano disciplinario da FGTA.

Estas sancións poderán impoñerse no acto sen necesidad de trámite ningún e serán inmediatamente executivas, sen prexuízo do recurso que, por escrito, presentarán ó xurado de apelación da competición antes de remata-la proba.

No caso de infraccións graves o moi graves ás regras do tiro con arco, o xuíz poderá aplica-las sancions técnicas previstas no artigo 83º.1, mais deberá dar conta inmediatamente o órgano competente para coñocer da infracción cometida.

2. Xurado de apelación. En cada campionato ou competición oficial, pola FGTA ou polos organizadores, será nomeado un xurado de apelación composto de tres membros, un dos cales deberá ser xuiz, que a presidirá.

Coñecerá as apelacións contra as decisións dos xuíces, que se presenten por escrito a través do capitán de equipo. Non se admitirán apelacións contra a puntuación dunha frecha.

O xurado estará disponible en todo momento no terreo de tiro durante a competición, incluso no adestramento oficial, e ata 30 minutos despois da finalización das tiradas.

Artigo 88º.-Órganos disciplinarios da FGTA.

En tódolos supostos non previstos no artigo anterior, a FGTA será competente para coñecer de tódalas infraccións a que se refire o presente estatuto, a través dos seguintes órganos:

1. En primeira instancia, un xuíz único. Será nomeado pola asemblea xeral, entre os xuíces da federación.

2. En segunda instancia, un comité de apelación, composto de tres membros nomeados pola asemblea xeral, un dos cales ha de pertenecer ó estamento de xuíces, e que será o que o presida.

Os nomeamentos dos anteriores órganos será comunicada á Secretaría Xeral para o Deporte, na forma prevista nestes estatutos.

3. Duración.

A duración do cargo coincidirá coa da asemblea xeral que os nomeou e durante o dito período só cesarán por renuncia ou demisión, morte, incapacidade física ou psíquica, perda da condición de membro da federación e sanción que o inhabilite para o cargo.

Artigo 89º.-Derradeiro recurso.

As resolucións dictadas polo comité de apelación dentro de seus competencias, terán carácter definitivo no ámbito da FGTA e deberán ser recorridas ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva conforme a lexislación vixente.

Capítulo IX

Da modificación dos estatutos e da disolución da FGTA

Artigo 90º.-Modificación dos estatutos.

Os estatutos da FGTA.só poderán ser modificados pola asemblea xeral, a proposta do presidente ou membros da asemblea que representen polo menos a terceira parte dos compoñentes totais, e deberá ser aprobada por un número de votos que representen as dúas terceiras partes do total dos membros da asemblea xeral.

En todo caso, a proposta deberá ir acompañada do novo texto que se pretenda, que se engadirá á orde do dia e será notificado os membros da asemblea na mesma forma que este.

Aprobada a reforma dos estatutos pola asemblea xeral, deberá ser notificada no prazo de 15 á Secretaría Xeral para o Deporte para ser ratificada e non entrará en vigor ata que se produza a ratificación.

A aprobación e modificación dos regulamentos da FGTA e competencia da comisión delegada da asemblea e necesitará, en todo caso, o voto favorable dos dous tercios dos seus membros.

Artigo 91º.-Extinción da FGTA.

A FGTA extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo da maioría da asemblea xeral que represente as dúas terceiras partes do total dos seus

membros, e necesitará a ratificación da Secretaría Xeral para o Deporte para a súa validez.

b) Polas demais causa que determinen as leis.

No caso de disolución da FGTA o patrimonio neto destinarase para os fins de carácter deportivo que determine a Secretaría Xeral para o Deporte.

Disposicións transitorias

Primeira.-O mandato do actual presidente e dos órganos regulamentariamente vixentes durará ata que se celebren novas eleccions de acordo cos prazos e forma previstos nestes estatutos.

Segunda.-Os convenios subscritos pola actual FGTA entenderanse ratificados ó aprobarse os presentes estatutos.

Terceira.-Os clubs actualmente integrados na FGTA continuarán estándoo nos termos presvistos nos presentes estatutos.

Disposición derradeira

Os presentes estatutos entrarán en vigor o mesmo día da súa aprobación pola Secretaría Xeral para o Deporte sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Á entrada en vigor dos presentes estatutos, quedan derrogados os anteriores e as disposicións que se opoñan ós mesmos.

5123