Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.921

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996 pola que se nomean profesores titulares de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística, a Juan Ángel Loeck Hernández e a Juan Carlos Román Redondo.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por reso

lución da Universidade de Vigo do 19 de xuño de 1995 (BOE do 8-7-1995), para a provisión de dúas prazas de profesor titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística da Universidade de Vigo, a prol de Juan Ángel Loeck Hernández, DNI 13.729.291 e de Juan Carlos Román Redondo, DNI 14.585.201, e cumprindo os interesados os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Ángel Loeck Hernández e a Juan Carlos Román Redondo profesores titulares de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de xuño de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5070