Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística, a Ángel Huete Vales.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 19 de xuño de 1995 (BOE do 8-7-1995), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística da Universidade de Vigo, a prol de Ángel Huete Vales, DNI 34.567.137, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ángel Huete Vales profesor titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de xuño de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5071