Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 4 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da liña eléctrica a 132 kV Eume-Mourela e Eume II, A Capela e As Pontes de García Rodríguez. (Expediente 57/1994).

En cumprimento do dispsoto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 163/1996, do 25 de abril, (Diario Oficial de Galicia de data 15 de maio de 1996), para imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalación da:

-Liña eléctrica aérea a 132 kV de 16.777 m, de lonxitude desde a subestación Eume á de Mourela, e derivación Eume II de 950 m, no seu percorrido polos termos municipais da Capela e As Pontes de García Rodríguez (expediente nº 57/1994).

Da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que lles practícará notificación para o efecto, nos días e horas que nelas se anunciarán, procederase polo representante e perito da Administración á toma de datos sobre cada predio, e a continuación nas oficinas de Casa do Concello, ó levantamento das actas previas á ocupación.

As relacións dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio, foron publicadas no BOP da Coruña, de datas 6 e 28 de outubro, 23 de maio e 9 de agosto de 1995, respectivamente. As relacións actualizadas, excluídos os predios para os que se logrou o mutuo acordo, expóñense xunto con este edicto nos taboleiros de cada municipio.

Advírtese ós interesados que nos días e horas que lles serán sinalados, poderán facerse acompañar dos seus peritos e de un notario, á súa custa, e formular por escrito perante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os sós efectos de separar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 4 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5003