Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación das liñas eléctricas a 15/20 kV e C.T. en Leas, Cabana de Bergantiños, a 15/20 kV e C.T. en Pontido, Cambre; e modificación do tramo da liña a 20 kV, Mera-Santa María, límite da provincia de Lugo, Ortigueira. (Expediente 52636 e dous máis).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polos decretos 153, 162 e 164/1996, do 7 e 25 de abril, (Diario Oficial de Galicia de datas 9 e 15 de maio de 1996), para imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións das:

-Liña eléctrica aérea a 15/20 kV co orixe na de Cana de Bergantiños-Baio-Agolada, e centro de transformación sobre apoios de formigón e metálicos en Leas, no termo municipal de Cabana de Bergantiños (expediente nº 52636).

-Liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 499 m de lonxitude, co orixe na liña de igual tensión Sigrás-Celas, e centro de transformación en Pontido (Cambre), no seu percorrido polos termos municipais de Culleredo e Cambre (expediente nº 52594).

-Liña eléctrica aérea a 20 kV co orixe no apoio nº 45 da liña de subestación de Mera-Santa Mariña-límite coa provincia de lugo, de 529 m de lonxitude, e enlaza coa liña Barqueira Vella a Mera de Arriba, no termo municipal de Ortigueira (expediente nº 117/1994).

Da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que lles practícará notificación para o efecto, nos días e horas que nelas se anunciarán, procederase polo representante e perito da Administración á toma de datos sobre cada predio, e a continuación nas oficinas de cada concello, ó levantamento das actas previas á ocupación.

As relacións dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio, foron publicadas no BOP da Coruña, de datas 6 e 28 de outubro, 23 de maio e 9 de agosto de 1995, respectivamente. As relacións actualizadas, excluídos o predios para os que se logrou o mutuo acordo, expóñense xunto con este edicto nos taboleiros de cada municipio.

Advírtese ós interesados que nos días e horas que lles serán sinalados, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular por escrito perante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os sós efectos de reparar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5004