Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da rúa Acibeiro, na zona 11 do SU-24.

Ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 14 de xuño de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Acebeiro, na zona 11 do SU-24 do PXOU

de Ourense, por pedimento de Manuel Fernández Tesouro, en representación de Construcciones Hnos. Tesouro, S.A., condicionada á constitución de garantía por importe de dous millóns oitocentas noventa e tres mil nove pesetas (2.893.009) para responder da correcta execución das obras e coas condicións técnicas sinaladas polo Servicio de Enxeñería.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, anunciando esta no DOG, no BOP e nun dos xornaris de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

3. Deberá constituírse unha xunta de conservación pola comunidade de propietarios.

De conformidade co artigo 117.3º do TRLS, sométese a exposición pública durante quince días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poida ser examinado e presentadas as alegacións procedentes.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 25 de xuño de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

5387