Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996 pola que se publica a contratación de concesión de obra pública dun aparcamento subterráneo e subseguinte explotación, logo da execución na parte posterior da audiencia provincial.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. 36071 Pontevedra. Tel.: (986) 80 43 00. Fax: (986) 80 01 02.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. A) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

B) Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión de obra pública consistente na construcción dun aparcadoiro subterráneo e subseguinte explotación da obra executada, mediante a xestión do servicio, na parte posterior da audiencia provincial.

3. Lugar de execución: Pontevedra.

4. Prazo de execución.

Prazo da obra: un ano.

Prazo da concesión: mínimo 25 anos. Máximo: 75 anos.

5. Obtención de documentos e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: sesenta días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diaro Oficial de Galicia.

c) Gastos de obtención e modalidade de pago: logo do pagamento da taxa, que ascende a 1.040 ptas., na caixa de corporación.

7. a) Persoas admitidas a concorreren ó acto da apertura das proposicións: acto público.

b) Lugar, data e hora: na sala de xuntas do concello, logo da notificación individualizada ós licitadores do día e hora da reunión, mediante calquera medio.

8. Garantías esixidas.

a) Provisional: 10.500.000 ptas.

b) Definitiva. 4% do orzamento do proxecto básico ofertado e aprobado.

9. Modalidade básica de financiamento e pagamento: cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Unión temporal de empresas: o concello poderá contratar con agrupacións temporais de empresas no xeito establecido no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Formalidades das proposicións e documentación: cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses a partir do acto de apertura das proposicións.

13. Criterios para a adxudicación do contrato: cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría F.

15. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que orixine o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de conseción de obra pública e subseguinte explotación das obras, incluído o IVE e o importo municipal sobre actividades económicas.

c) Os de formalización do contrato da adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de redacción do proxecto técnico e os de dirección técnica das obras, así como os derivados das probas ordenadas pola inspección técnica.

Pontevedra, 2 de xullo de 1996.

Juan L. Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

5388