Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996 pola que se publica a contratación de concesión de obra pública consistente na construcción e subseguinte explotación dun aparcamento subterráneo na praza de Barcelos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. 36071 Pontevedra. Tel.: 986-80 43 00. Fax: 986-80 01 02.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. A) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

B) Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión de obra pública consistente na construcción dun aparcamento subterráneo e subseguinte explotación da obra executada, mediante a xestión do servicio, na praza de Barcelos.

3. Lugar de execución: plaza de Barcelos. Pontevedra.

4. Prazo de execución.

Prazo da obra: 18 meses.

Prazo da concesión: mínimo 25 anos. Máximo 75 anos.

5. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: 52 días naturais contados desde a remisión

do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (data de envío do anuncio: 5 de xullo de 1996).

c) Gastos de obtención e modalidade de pago: pagando previamente a taxa, que ascende a 350 ptas., na caixa da corporación.

6. a) Persoas admitidas a concorrer ó acto da apertura das proposicións: acto público.

b) Lugar, data e hora: na sala de xuntas do concello, o día 6 de setembro de 1996, ás doce horas.

7. Garantías esixidas.

a) Provisional: 20.200.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do orzamento do proxecto básico ofertado e aprobado.

8. Modalidade básica de financiación e pagamento: cláusula quinta do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Unión temporal de empresas: o concello poderá contratar con agrupacións temporais de empresas na forma establecida no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Formalidades das proposicións e documentación: cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses a partir do acto de apertura das proposicións.

12. Criterios para a adxudicación do contrato: cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Clasificación.

Grupo A, subgrupo 1, categoría c.

Grupo B, subgrupo 2, categoría f.

Grupo F, subgrupo 4, categoría b.

Grupo I, subgrupo 1, 4, 9, categoría c.

Grupo J, subgrupo 1, 2, categoría c.

Grupo K, subgrupo 6, 9, categoría a.

14. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que orixine o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de concesión de obra pública e subseguinte explotación das obras, incluído o IVE e o imposto municipal sobre actividades económicas.

c) Os de formalización do contrato da adxudicación en documento administrativo de conformidade coas tarifas establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de redacción do proxecto técnico e os de dirección técnica das obras, así como os derivados das probas ordenadas pola inspección técnica.

15. Información pública dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares sométense a información pública durante o prazo de 30 días hábiles para efectos de reclamacións, as cales, de se produciren, serán resoltas plo Pleno da Corporación, antes de proceder ó acto de apertura das proposicións presentadas.

16. Data do envio do anuncio ó DOCE: 5 de xullo de 1996.

Pontevedra, 2 de xullo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

5390