Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 1996 pola que se modifica a Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se convocan axudas económicas para a realización de prácticas en empresas para alumnos que cursan ensinanzas de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos, ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Por Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 27 de outubro) convocáronse axudas económicas para a realización de prácticas en empresas para alumnos que cursaban ensinanzas de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos, ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Sendo necesario incrementa-la contía total das axudas con motivo da implantación de novos ciclos formativos de grao medio e superior que implican que un maior número de alumnos realice prácticas de formación en empresas, e resultando que é necesario tamén adecua-las aplicacións orzamentarias á partida que figura nos presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1996, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Modificar no preámbulo da citada orde, na páxina 7940, primeiro parágrafo, onde di: «nas aplicacións 07.04.322P.482.04 e 07.04.322P.482.09»; polo seguinte texto: «na aplicación 07.04.322S.482.0».

Segundo.-Modifica-lo artigo cuarto da citada orde, na páxina 7941, onde di: «O pagamento destas axudas farase con cargo á aplicación 07.04.322P.482.04 e 07.04.322P.482.09 e en ningún caso a totalidade desta superará os 219.000.000 de pesetas.»; polo seguinte texto: «O pagamento destas axudas farase con cargo á aplicación 07.04.322S.482.0 por un importe máximo de 250.309.079 pesetas».

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5383