Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación e imposición da sevidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto que se cita. (Expediente 340/1995-A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de ins

talacións eléctricas, aprobado polo Decreto 1619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Eléctrica de Moscoso, S.L., con domicilio na rúa Avda. José Antonio, 21, 36830-A Lama, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese de seguido a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera cómpre a expropiación para a execución do seguinte proxecto nomeado:

Liña eléctrica a 15/20 kV. A Lama-Forzáns a C.T. en Xende no Concello da Lama, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria do 26 de xaneiro de 1996 (Expte. nº 95/340 A.T.).

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun diario local dos de maior circulación así como ós interesados en igual prazo, ós que se lles practica notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento; para tal efecto estará exposto o expediente, con proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, Gran Vía, 76 en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 28 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña de media tensión ó C.T. Xende. Provincia: Pontevedra.

Concello: A Lama.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2ValPradoAnuncia Muíños CamiñaDescoñecido20260

12CarballalPradoAdelaida Malvar GonzálezCaneiras-Xende-A Lama37558

20DoscablesPradoHdros. Hermosinda BarreiroDescoñecido35530

22PumarPradoHrdos. Hermosinda BarreiroDescoñecido18312

24PortelaMonte baixoHdros. Hermosinda BarreiroDescoñecido14266

5185