Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 6.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 1996 pola que se lle autoriza o cesamento de actividades de ensinanzas da área tecnolóxico-práctica de perruquería ó centro Éxtasis da Coruña.

Visto o expediente promovido pola titular do centro privado homologado de perruquería Extasis, sito na Travesía de Beiramar, 2-baixo, da Coruña, en solicitude de autorización de cese de actividades.

Resultando que o dito centro foi autorizado como homologado para impartir ensinanzas da área tecnolóxico-práctica de perruquería, por Orde de 2 de setembro de 1987, e que o expediente foi tramitado pola delegación provincial, acompañado dos preceptivos informes.

Considerando que desde o curso 1993/1994 non imparte actividades docentes.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizarlle o cesamento de actividades ó centro privado homologado de perruquería que se relaciona de seguido:

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Denominación: Extasis.

Domicilio: Travesía Beiramar, 2-baixo.

Titular: Isabel Ramírez Berbel.

Autorízase o cesamento de actividades e anúlase a súa inscrición no rexistro de centros.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros

5312