Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xullo de 1996 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil Montessori da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación infantil Montessori da Coruña en solicitude de cesamento de actividades do dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 10 de decembro de 1974, a autorización condicionada para unha unidade de párvulos.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, acompañando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22).

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización polo que a continuidade do ensino non se prexudica, esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: A Coruña

Localidade: A Coruña

Enderezo: Curros Enríquez, 5

Denominación: Montessori

Titular: María Paz López

Autorización do cesamento de actividades do centro

5606