Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 06 de agosto de 1996 Páx. 7.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de apertura e urbanización da rúa de conexión coa de Fernando II.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestarlle aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de apertura e urbanización da rúa de conexión coa de Fernando II, promovido mediante iniciativa particular por Inmobiliaria Nino Mirón, S.L. e redactado polo arquitecto José Inchaurraga Ruiz, visado pola delegación en Pontevedra do C.O.A.G. en data 18-3-1996 e 25-4-1996, documentos estes últimos que reforman e anulan os da correlativa documentación do 18-3-1996.

Segundo.-Someter a información pública o proxecto aprobado e o expediente tramitado, por un prazo de quince días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, un dos periódicos de maior circulación e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, computándose o período desde a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, notificándose individualmente ós propietarios afectados.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 18 de xullo de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273