Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos. (Proxecto de contratación: mellora do itinerario Couso-Hospital-Tomiño-Forcadela e dous máis).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Proxecto de construcción: mellora do itinerario Couso-Hospital-Tomiño-Forcadela. PO-351, PO-350, PO-344.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 75.818.000 ptas.

Proxecto de construcción: acondicionamento da plataforma na C-550. Treito: Vilagarcía de Arousa-Pontecesures.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 152.343.441 ptas.

Proxecto de construcción: mellora da capa de rodadura na N-540. Alto do Vieiro-Bande. Treito: Alto do Vieiro-Bande.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento:38.320.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1996.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9605702