Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro, en recurso interposto contra resolución de expediente sancionador 25/1994 en materia de estradas, e devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, a resolución do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infracción da normativa reguladora das estradas de Galicia.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste a interpoñer recurso contencioso-adminsitrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

En caso de conformidade coa resolución, deberá facer efectiva a sanción, por transferencia bancaria, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, número 311-152-109/6 da Caixa de Aforros de Galicia, O.P. Lugo.

E para que conste e lle sirva de notificación o interesado, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Expediente: Exp. Sanc. 25/1994.

Denunciante: Servicio Prov. de Estradas de Lugo.

Denunciado: María del Carmen López González.

Último enderezo coñecido: r/ Puente, 28-4º Esq., A Coruña.

Feito denunciado, data, hora, estrada e p.k.: plantación de árbores en zona de dominio público da estrada C-535, p.k. 55,365. Portomarín.

Precepto infrinxido e precepto sancionador: artigo 80 en relación co 111.1º a) e 112.2º Aptdo. 2 RGC.

Sanción imposta: 100.000 ptas.

Resolución do recurso: desestimar confirmando sanción imposta.

5189