Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial 96/0051 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e MAN desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 27 de xuño de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación.Infracción

Lei de caza

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

P-96/0051Marcos Armesto Fernández

32.818.461

Venezuela, 9-4º, Esda.

A Coruña

Pescar con cana nunha zona prohibida34.6ºMenos grave50.001 Multa Inhab. 1 ano
P-96/0055Antonio Barreiro Mariño

33.23.621

Rep. Arxentina, 11, 4º G,

Santiago de Compostela

Pescar nun lugar vedado.34.6ºMenos grave50.000 Multa 2.750 Indeminz.

Inhab. 1 ano

P-96/0156José A. Pérez Fernández

76.526.792

Montiño, 19, 1º A, A Coruña

Pescar nunha zona vedada.34.6ºMenos grave50.001 Multa Inhab. 1 ano

Tipificación.Infracción

Lei de caza

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

P-96/0161Manuel Busto Rey

52.433.615

San Roque de Afora, 3, 6º B

A Coruña

Pescar sendo titular dunha licencia válida, sen levala consigo.33.1ºLeve5.001 Multa
P-96/0221Roberto C. Vales López

32.839.561

Rutis, s/n, Culleredo

Pescar nunha zona vedada.34.6ºMenos grave50.001 Multa Inhab. 1 ano
P-96/0248Emilio Sánchez Fraga

76.360.533

Fragacha, Cambas, 1,

Aranga

Pescar sen licencia.34.1ºMenos grave50.001

Multa Inhab.

1 ano

9605740