A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as obras que se citan:
-Acondicionamento e ampliación do museo de arte sacra do convento das clarisas en Monforte de Lemos (Lugo).
Orzamento de licitación: doce millóns oitocentas oitenta e dúas mil trescentas setenta e nove ptas. (12.882.379 ptas.) IVE incluído.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.
-Rehabilitación das Escolas Vellas na colexiata de Sta. María en Xunqueira de Ambía (Ourense).
Orzamento de licitación: cinco millóns seiscentas sesenta e oito mil setecentas sesenta e nove ptas. (5.668.769 ptas.) IVE incluído.
Prazo de execución: dous (2) meses.
Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.
Nas devanditas obras non se esixe fianza provisional.
Exposición dos proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.
Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.
Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.
José Mª Sánchez González
Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social
5984