Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao.

Por Orde do 18 de marzo de 1996 (DOG do 15 de abril) convocáronse bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, do 27 de xuño de 1996 e de conformidade coa base sexta 4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado segundo da dita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión de selección das bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordeados por orde decrecente segundo a puntuación obtida:

Apelidos e nomeDNIPuntosCentro realización

Ventoso Padín, Mª Carmen35460943 A6,722CIMA Vilanova de Arousa
Mardones Orive, Mª Victoria13111689 X6,682CEA Sta. Uxía de Ribeira

Apelidos e nomeDNIPuntosCentro realización

Casal Freaza, Alberto77005625 S6,250CIMA Vilanova de Arousa
Durán García, Diana77591777 N6,486CCM Ribadeo
Escudeiro Torres, Miguel A.35324548 B6,465CCM Ribadeo
López Lemos, Mª José33299926 C6,355CEA Sta. Uxía de Ribeira
Lado Martínez, Begoña33287171 F6,293CEA Sta. Uxía de Ribeira

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo, perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomeados pola comisión de selección.

Artigo 3º

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 18 de marzo de 1996 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º

A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5936