Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña.

Por Orde do 15 de marzo de 1996 (DOG do 9 de abril) convocáronse bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 27 de xuño de 1996, e de conformidade coa base sexta 4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado segundo da devandita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, e sen que houbese ningunha reclamación, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña,

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación acadada:

ApelidosNomeDNIPuntuación

Casas ListeSandra34893022 K2,375
Prado PlanaSusana32801918 P2,175
Lion VázquezMónica36100156 T2,159

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo, perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomedados pola comisión de selección.

Artigo 3º

A inobservacia por parte dos beneficiarios de calquera das bolsas establecidas na Orde da convocatoria do 15 de marzo de 1996 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º

A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9605846