Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se resolve o concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da Terra Cha (Lugo).

Pendente a resolución do concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da Terra Cha (Lugo), convocado por orde desta consellería do 27 de abril de 1995 (DOG do 16 de xuño), modificada pola Orde do 13 de xullo do mesmo ano (DOG do 21 de xullo), e visto o informe emitido pola Delegación Provincial desta consellería en Lugo, con data do 11 de xullo de 1996, oídas as organizacións profesionais agrarias, de conformidade co artigo 5 da mesma disposición, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar provisionalmente os lotes vacantes no sector III-Matodoso, da zona da Terra Cha (Lugo), ós concesionarios que se relacionan a seguir:

Carlos de la Fuente Fernández: lote nº 14.

Agustín López Álvarez: lote nº 28.

Segundo.-A lista de adxudicatarios provisionais exporase nos taboleiros de anuncios dos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, A Pastoriza, Pol, Rábade e Vilalba.

Terceiro.-No prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, os adxudicatarios provisionais deberán presentar nas oficinas da Delegación Provincial desta consellería en Lugo, Ronda Muralla, nº 197, os documentos que acrediten o seu dereito e que non acompañasen á instancia dentro do prazo da súa presentación.

Cuarto.-As reclamacións contra a presente adxudicación provisional presentaranse a título individual ante a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Lugo, ou por calquera dos medios a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e que se elevarán á Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural para a súa oportuna resolución. O prazo será de quince días hábiles a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5751