Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se resolve definitivamente a convocatoria do concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da lagoa de Antela (Ourense).

Pendente a resolución definitiva do concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da lagoa de Antela (Ourense), convocado por orde desta consellería do 27 de abril de 1995 (DOG do 15 de xuño), modificada pola Orde do 13 de xullo do mesmo ano (DOG do 21 de xullo), resolto provisionalmente pola Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural por Resolución do 19 de marzo de 1996 (DOG do 17 de abril), e igualmente resoltas as reclamacións interpostas contra a adxudicación provisional, e de conformidade co establecido no artigo 5, parágrafo 4 da Orde do 27 de abril de 1995, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle definitivamente os seguintes lotes da lagoa de Antela (Ourense) ós concesionarios que se relacionan a continuación:

Antonio Gómez de Dios: lote nº 76.

Ramón Quintás Lorenzo: lote nº 217.

Benito González Manso: lote nº 293.

Ángel Cid Cabido: lote nº 321.

Delfín Rodríguez González: lote nº 330.

Ángel Suárez Vázquez: lote nº 332.

Segundo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes contados desde a data da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1996.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5754