Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.644

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da presidencia do Consello Consultivo de Galicia, pola que se nomea secretario xeral do dito organismo a José Luis Rodríguez Fernández.

En atención ó acordo plenario do 1 de agosto de 1996, e de conformidade cos artigos 5.2º e 22.3º da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia e 32 do seu Regulamento de organización e funcionamento,

RESOLVO:

Nomear, en cumprimento do disposto na disposición adicional cuarta, inciso final, do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 287/1996, do 12 de xullo (DOG nº 141, do 18 de xullo), a José Luis Rodríguez Fernández secretario xeral deste órgano, con tódolos dereitos e obrigas propios do cargo, debendo procederse á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1996.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

5947