Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:
En Santiago de Compostela, o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
Vistos por S.Sª os presentes autos, seguidos perante este xulgado por instancia de Eugenio Neira García, baixo a representación procesual do procurador Belmonte Pose e con defensa letrada de Ana Villar Fernández; aparecendo como parte demandada José Ferro Varela, maior de idade, baixo a representación procesual do procurador Fernández Pérez e coa defensa letrada de Oscar Fernández Refoxo; demandada igualmente a compañía aseguradora La Patria Hispana, baixo a representación procesual do procurador Cuns Núñez e a defensa letrada de Otilia Sánchez Garrido, demandado igualmente Juan José Liste Regueiro, maior de idade, declarado en rebeldía, demandada e demandante a entidade Autos Goya Alquiler Sin Conductor e Multinacional Aseguradora, representadas pola procuradora Sánchez Silva, e defendida polo letrado Manuel Ferreiro Casal, demandados igualmente Juan Carlos Mariño Veira e María del Pilar Rampa González, maiores de idade e declarados en rebeldía.
Decido que estimando integramente a demanda presentada por Eugenio Neira García actuando en nome dos seus pais José Neira Duro e Eugenia García Miras, debo condenar e condeno a José Ferro Varela, Cía. Patria Hispana, Juan José Liste Regueiro, Autos Goya de Alquiler Sin Conductor e Multinacional Aseguradora a que, de modo solidario, indemnicen á parte demandante na cantidade de 922.304 pesetas, a dita cantidade devengará un xuro do 20% desde a data de producirse o sinistro, a cargo da aseguradora condenada, con expresa imposición de custas ós demandados condenados conxunta e solidariamente.
Así mesmo, en relación coa segunda demanda acumulada interposta pola entidade Autos Goya Alquiler Sin Conductor, debo estimar e estimo en parte esta e na súa consecuencia debo condenar e condeno a Juan Carlos Mariño Veiga e a María del Pilar Rampa González, a que lle satisfagan á entidade demandante o importe dos danos sufridos no seu vehículo na súa parte traseira, así como á parte proporcional do tempo investido na súa reparación por paralización do dito vehículo, a contía do cal nun e noutro concepto serán determinadas en execución de sentencia, absolvendo os demandados do resto dos pedimentos, co xuro do 20% desde a data do sinistro e sen expresa condena en custas a ningunha das partes.
Notifíquese esta sentencia ó demandado rebelde de conformidade co establecido no Art. 769 da LAC.
Advírtaselle ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación por escrito perante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación e para ante a Audiencia Provincial da Coruña.
Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía Juan José Liste Regueiro, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o dezasete de xuño de mil novecentos noventa e seis.
O secretario
Rubricado
96-5635

