Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 12 de setembro de 1996 Páx. 8.353

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (385/1995).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xustiza gratuíta,

tramitados neste xulgado co número 385/1995, se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o 9 de xullo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 385/1995 e como peza separada do procedemento de divorcio do mesmo número, no que actuaron como parte demandante Begoña Beiro García, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida pola letrada Manuel Gude Sampedro, nomeados ámbolos dous de oficio, e no que se deu audiencia a Juan Luis Penelas Román e ó letrado da Xunta.

Decido que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito de xustiza gratuíta de Begoña Beiro García co obxecto de presentar demanda de divorcio, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, e declaro de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 LAC. Así por esta miña resolución, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

Rubricado

6611