VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO
CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola liña eléctrica a 66 kV desde a subestación de Vimianzo ata a de Esto (Cabana de Bergantiños) (expediente 52455).
Advertido erro no citado anuncio, publicado no xornal El Correo Gallego, BOP e Diario Oficial de Galicia dos días 2, 8 e 16 de xullo de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:
Nas páxinas 18, 20, 5601 y 6925 respectivamente, onde di: «... 20 kV.», debe dicir: «... 66 kV.», como así consta nas notificacións remitidas ós afectados.
6430