Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 12 de setembro de 1996 Páx. 8.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial de Galicia 217/1995 de Lugo e 139/1995 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación.

Pontevedra, 23 de agosto de 1996.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

ANEXO

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 217795 Lugo.

Denunciado: Carlos López Ortí.

Último domicilio coñecido: A Lagoa, s/n, Moreda. Monforte de Lemos. Lugo.

Contido da resolución recorrida:-Feitos imputados: incorporar residuos dunha canteira ó río Carboeiro e Tarrío.-Tipificación: 35.9º.-Sanción: 500.001 pesetas.

Procedemento sancionador Lei 7/1992: 139/1995 Pontevedra.

Denunciado: Evaristo Puga Villanueva.

Último domicilio coñecido: r/ Reino, 9. Ponteareas-Pontevedra.

Contido da resolución recorrida:-Feitos imputados: pescar utilizando instrumentos prohibidos.-Tipificación: 34.4º.-Sanción: 150.000 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

6600