O Pleno do Concello de Ames, na sesión de data 18 de abril de 1996, acordou iniciar expediente de expropiación forzosa para ocupación dos bens e dereitos precisos, que se dirán, para execución do proxecto de apertura da travesía de Lapido en Bertamiráns, proxecto técnico que foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión de data 28 de novembro de 1995.
En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, o concello expón
ó público o referido expediente, co fin de que, no prazo dos vinte días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, DOG, e na prensa, os interesados poidan formula-las alegacións que estimen pertinentes.
O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.
Relación de propietarios, bens e dereitos cos que non foi posible acadar un acordo amigable:
-Parcela Núm. 3 do plano parcelario.
Propietario: Mª Rosa Álvarez Agrelo.
Superficie afectada: 205 m.
-Parcela Núm. 9 do plano parcelario.
Propietario: Marcial García Fernández.
Superficie afectada: 144 m.
-Parcela Núm. 13 do plano parcelario.
Propietario: José Sar García.
Superficie afectada. 140 m.
Ames, 23 de agosto de 1996.
O alcalde
Rubricado
6622

