O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xullo de 1996, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar, con carácter inicial, un documento polo que se introducen modificacións puntuais ó Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello nos seguintes aspectos:
a) ordenanza nº 7. Inclusión do uso comercial como permitido.
b) Modificación do punto 2.4.1.3 da normativa, relativo a garantías das obras de urbanización.
c) Modificación do parágrafo 9 do punto 5.3.2 da normativa, relativo á aliñación de muros de peche.
d) Modificación que ten por obxecto traslada-las determinacións do PXOU recollidas na cartografía 1/2000 á cartografía 1/5000, co obxecto de repara-lo erro existente nesta última folla nº 3, ámbito comprendido entre:
Norte: paseo marítimo da antiga CROSS.
Sur: UE 2829.
Leste: r/ Pablo Picasso.
Oeste: UA-49, UA-50 e espacio edificable de r/ San Antonio.
e) Modioficación que ten por obxecto sinala-lo carácter non esencial e posibilidade de modificación das UU.AA. delimitadas no PXOU, así como os sistemas de actuación establecidos.
f) Modificación do apartado 2 do punto 11.7 da normativa e introducción dun novo apartado ó punto 11.3 relativo ás condicións xerais dos usos residenciais en SNU.
g) Modificación que ten por obxecto introducir na normativa os conceptois de «altura mínima de planta baixa» e «tratamento dos paramentos» nos edificios de vivendas.
h) Modificación que ten por obxecto regula-la construcción de muros de contención de terra dando fronte a viais.
Durante o prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio no DOG ou BOP, poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se estimen pertinentes.
Culleredo, 26 de agosto de 1996.
Carlos Martínez Rego
Alcalde en funcións
6623

