Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 12 de setembro de 1996 Páx. 8.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xullo de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana deste concello que afecta ó ámbito das unidades de actuación 13 e 14 e que ten por obxecto:

a) A modificación do linde nordeste da U.A. 14 reducindo o seu ámbito superficial con obxecto de producir un límite normal ó eixo do vial e que en consecuencia supón un incremento superficial de 340 m na U.A. 13.

b) Introduci-la posibilidade de modifica-las aliñacións exteriores ou interiores na fachada sur para manter unha fachada uniforme na aliñación interior do patio de cuarteirón a través de estudio de detalle.

c) Establecer como sistema de actuación o de compensación.

Durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións a este que se estimen pertinentes.

Culleredo, 26 de agosto de 1996.

Carlos Martínez Rego

Alcalde en funcións

6162