Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 12 de setembro de 1996 Páx. 8.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de xullo de 1996, acordou aprobar incialmente o ducmento dos traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación urbana deste municipio, redactado por Gruplar, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e artigo 126 do Real decreto 2159/1978, polo que se aproba o Regulamento de planeamento urbanístico, o citado documento estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 1 de agosto de 1996.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde

6620