Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do programa de actuación urbanística Cambeses.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, na súa sesión do 29 de xullo de 1996, o PAU Cambeses (3514/411), de iniciativa municipal, redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil, con visado do COAG do 14 de febreiro, 14 de marzo e 17 de xuño de 1996; sométese a información pública o expediente durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro oficial de edictos da casa do concello.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística, podéndose presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata o remate do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 22 de agosto de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6090