Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO.

Luis Aznar Fernández, delegado territorial de León, da Xunta de Castela e León,

Fago saber que, esgotado sen resultado o trámite usual de notificacións previsto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992), e uti

lizando o procedemento previsto no nº 4 do citado artigo, comunícase que se practicou a liquidación que a seguir se relaciona para o aboamento da sanción imposta na acta de infracción que tamén se indica:

-Liquidación nº 226/1996, acta de infracción 717/95, practicada á empresa Construcciones José A. Oubiña, S.L., domiciliada nas Rozas Fontoira de Sanxexo (Pontevedra), por un importe de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

O importe da liquidación deberase ingresar na conta da Oficina Territorial de Traballo en León, nº 2096-0055-78.3010738004, aberta na oficina de Caja España, praza Calvo Sotelo nº 7 de León, logo de recolle-lo impreso oficial correspondente nas dependencias desta Oficina Territorial de Trabllo, sitas na Avda. José Antonio nº 1 de León, dentro dos seguintes prazos:

1. Liquidacións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

2. Liquidacións notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

Contra a presente liquidación poderá interpoñerse os seguintes recursos:

1. Recurso de reposición ante este centro con carácter potestativo, dentro do prazo de 15 días hábiles seguintes a esta notificación.

2. Reclamación económico-administrativa, ante a Comisión de Reclamacións Económico-Administrativas, dentro do prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente notificación ou, se é o caso, a partir do día seguinte a aquel en que se lle notifica o acordo resolutorio do recurso de reposición se é expreso, ou da data en que se entenda desestimado o dito recurso por silencio administrativo.

A interposición dos recursos citados non suspende a obriga de ingresa-lo importe de liquidación, nin detén, en caso de non pagamento, a recadación executiva.

E para que lle sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en León o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Luis Aznar Fernández

Delegado territorial de León

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273