Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro de diversas ordes da Consellería de Industria e Comercio polas que se convocan axudas para 1996.

Resultando que pola Orde do 14 de maio de 1996 se convocan axudas a empresas que realicen investimentos, estudios e xestión de residuos industriais encamiñados a mellorar e controla-lo medio ambiente industrial, así como a empresas mineiras ou asociacións de empresas para o desenvolvemento de accións encamiñadas a diminuí-la deterioración que as actividades mineiras causan no medio ambiente (DOG nº 108, do 3-6-1996); pola Orde do 7 de xuño de 1996 convócanse axudas para a innovación tecnolóxica, investigación e desenvolvemento e calidade (DOG nº 125, do 26-6-1996);

e por Orde do 17 de xullo de 1996 convócanse axudas para a realización e mellora de infraestructuras que fomenten a competitividade empresarial nos polígonos industriais situados na Comunidade Autónoma galega (DOG nº 150, do 1-8-1996).

Resultando que, nas citadas disposicións establecese como requisito indispensable para o libramento da axuda, a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do día 31 de outubro de 1996, a excepción da Orde de 17 de xullo de 1996 que establece o prazo do 15 de novembro de 1996.

Resultando que, o elevado número de solicitudes presentadas motiva un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, estímase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionadas ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 14 de maio de 1996, Orde do 7 de xuño de 1996 e Orde do 17 de xullo de 1996, ata o 30 de novembro de 1996.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

96-7592