Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 202, do 15 de outubro de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:
Na páxina 9.112, no artigo 1.b) a continuación do parágrafo segundo, deberá engadirse o seguinte parágrafo, «Para acceder ó curso de linguaxe administrativa galega de nivel básico é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso de iniciación».
7443