Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 21 de outubro de 1996 Páx. 9.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Copo Ibérica, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-6-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da emrpesa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-5-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de xuño de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A. e os traballadores

En Mos, venres 30 de maio de 1996.

Reunidos:

Dunha parte Josep Poch I Riba, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalemente por Xosé Miranda Vigo (CIG), Xosé A. Lorenzo Leal (CIG), Xosé González Camiña (CIG), César Gómez Meixeiro (CIG), Xosé A. Pérez Sánchez (CIG), Ramón Maceira Maquieira (CIG), Amadeo Almuster Campo (CIG), Fco. Xavier Soliño Hermida (CIG), Mª Carmen Leirós Lago (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense no concepto no que interveñen, coa capacidade legal necesaria para negocia-lo presente convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

TÍTUTLO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio é para o centro de traballo da empresa Copo Ibérica, S.A., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo os que desempeñan cargos de conselleiros da empresa e os da alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996.

Ben entendido, que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1996.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que, por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

A) Vixilancia do cumprimento do pactado.

B) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

C) Polos traballadores, a comisión estará composta por dous membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e dous representantes da empresa. Os dous representantes da empresa serán de libre elección, sen que, en ningún caso, poidan exceder á representación social.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaras a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí recordadas forman un todo único e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual (anexo II).

O cómputo anual de horas que se van realizar en 1996 será de 1.772 horas.

Para cumprimento, poderanse utilizar como días de axuste horario os seguintes:

-5 de xaneiro (media xornada).

-26 de xullo.

-19, 20, 23, 24, 26 e 27 de decembro.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

-1ª quenda: de 6 a 14 horas de luns a venres.

-2ª quenda: de 14 a 22 horas de luns a venres.

-3ª quenda: de 22 a 6 horas de luns a venres.

Quenda partida: de 8 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Sección de bloque: de 7 a 15 horas, de luns a venres.

A quenda partida aplicarase nos departamentos técnicos e administrativos, así como nos novos contratos para outras funcións (almacén, etc.). Tamén, e de acordo cos interesados, poderá ser aplicado para postos de nova creación que o riquiran ou en casos de ascensos a postos con este horario. A hora da pausa para a comida poderá oscilar, de acordo cos afectados, en funcións das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais, están computados 17 minutos por parada de bocadillo, diariamente por quendas.

As 1ª e 2ª quendas serán raelizadas polo persoal da empresa, mediante un sistema rotativo; a terceira quedan realizaraa o persoal eventual, por traballadores en cadro de persoal fixo desde o 1 de xaneiro de 1989 ou por traballadores en cadro de persoal fixo anteriores á dita data que decidan voluntariamente realizada. Neste último caso, e se posteriormente o traballador solicitase volver ás quendas diurnas, terá dereito á súa reintegración inmediata.

Durantes os meses de xullo a setembro naquelas seccións con quenda partida onde a dispoñibilidade do persoal poida garanti-lo servicio da súa sección á fábrica, establecerase unha xornada continua rotativa das 7 h da mañá a 15 h da tarde entre os compoñentes da dita sección.

Artigo 11º.-Vacacións (anexo II).

As vacacións serán de 30 días naturais, e o desfrute delas será da seguinte forma:

-Planta de moldeado: do 29 de xullo ó 25 de agosto e mailos días 30 e 31 de decembro.

-Planta de bloque: establécense dúas quendas de desfrute de vacacións, formadas polos períodos seguintes:

1ª quenda: do 15 de xullo ó 11 de agosto e os días 16 de agosto e 30 e 31 de decembro.

2ª quenda: do 29 de xullo ó 25 de agosto e os días 30 e 31 de decembro.

Se antes do desfrute das vacacións algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poríase de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días de desfrute destas.

Artigo 12º.-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración do salario base, plus de asistencia e puntualidade, plus de antigüidade e plus de convenio, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

12º.1. Matrimonio: 16 días naturais.

12º.2. Nacemento de fillo: 3 días laborais.

12º.3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 3 días laborais excepto no caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxe do traballador que lle corresponderán: 5 días naturais ou 3 días laborais, que serán escollidos polo traballador.

12º.4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborais.

12º.5. O mesmo que 3 e 4 con necesidade de desprazamento: 4 días laborais.

12º.6. Falecemento de tío de consanguinidade: 1 día laborable.

12º.7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

12º.8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

12º.9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º.10. Por lactancia: as traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción de xornada

normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que os dous traballen.

12º.11. Para estudios: segundo o artigo 22 da Lei 1980, o traballador terá dereito ó desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá reducción de xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo da acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. A dita reducción non excederá de dúas horas diarias.

12º.12. Asistencia á consulta médica: cando por razón de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Neste, deberá consta-la hora de consulta, sen tal requisito non se aboará ningunha cantidade.

Poderán exercer dereito ó dito permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

12º.13. Para asistencia ó casamento de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

12º.14. Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ó seu coidado directo un menos de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

12º.15. Os traballadores poderán desfrutar de cinco días de permiso non retribuído por motivos persoais, para o cal deben solicitalo con 48 horas de antelación e debe ser compatible coas necesidades da empresa.

Considérase desprazamento, todo traslado a localidade distante máis de cen quilómetros do domicilio habitual do traballador.

Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados, excepto o de matrimonio, a aqueles traballadores que estando separados ou divorciados legalmente, convican maritalmente con outra persoa e acrediten a súa situación de convivencia por medio dun certificado expedido polo concello ou por medio do libro de familia.

Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente: pais 1º grao, avós 2º grao.

-Consanguinidade descendente: fillos 1º grao, netos 2º grao.

-Consanguinidade colateral: irmáns 2º grao.

-Afinidade ascendente: pais Pol. 1º grao; avós políticos 2º grao.

-Afinidade colateral: irmáns Pol. 2º grao.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

13º.1. A organización do traballo, de acordo co prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

13º.2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

13º.3. Os traslados ou cambios de posto non minguarán as condicións salariais dos traballadores afectados, excepto os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

13º.4. Ante a impantación dun novo sistema de prima de producción, novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que o dito comité puidese emitir, co obxecto de recoller e negocia-las súas achegas á nova implantación.

13º.5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condiciósn de traballo, a empresa comunicaralle estas ó comité de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a formación que considere necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas texnoloxías.

13º.6. Áreas de descanso.

Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de cantina ou servicios, evitando outras zonas por cuestións de seguridade e hixiene.

13º.7. Cadro de quendas.

Ó comezo de cada ano será confeccinado un cadro de quendas por traballador, que poderá ser modificado pola emrpesa para garanti-lo bo funcionamento do proceso productivo e en concordancia co apartado 2 do presente artigo.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en: fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo, poderase celebrar calquera tipo de contarto de traballo sempre que a súa modalidade estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos cós demais traballadores do cadro de persoal, agás as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

Segundo acordo no convenio de 1994, a empresa non exercerá o seu dereito a utiliza-la modalidade de contrato de aprendizaxe.

Disposición adicional.

En atención ó disposto no artigo 15.1º E.T. (texto refundido) as partes asinantes deste convenio, acordan establece-la facultade empresarialde contratar traballadores para a realización de obras ou servicios determinados, de traballos suficientemente diferenciados, e con substantividade propia dentro da actividade normal da emrpesa, limitados no tempo e cunha duración que poida preverse. A empresa daralle conta ó comité do obxecto do contrato, especificando, así mesmo, o número de traballadores que se van contratar. En consecuencia, a empresa comprométese a non subscribir contratos de posta a disposición con empresas de traballo temporal.

Para efectos de cubri-las necesidades da empresa, atendendo ó previsto no parágrafo anterior, confeccionarase unha lista de traballadores, por rigorosa orde de ingreso, que serán chamados por orde de antigüidade, establecéndose quendas rotativas de chamada, de tal forma que será requirido o traballador que figure na lista no posto seguinte a aquel que foi contatado en último lugar.

Artigo 15º.-Técnicos e cadros.

15º.1. Xornada laboral: será pactada no convenio.

15º.2. Definiranse as súas responsabilidaes, funcións e obxectivos por departamentos.

15º.3. Foramción: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo iso segundo o artigo 19º do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo, participación e toma de decisións.

15º.4. Información: potenciarase o nivel de información facilitado a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súia función.

15º.5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 16º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos efectuaranse de acordo co indicado polo Estatuto dos traballadores.

A empresa comunicaralle ó comité as necesidades de vacantes que hai que cubrir e establecerá unha quenda de méritos con base nun sistema de cómputos destes de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: antigüidade na empresa, coñecemento do posto de traballo, ter desempeñado funcións de superior categoría, e nivel de aptitude demostradfo nos cursos de formación ou captación que realizasen para o efecto. Estas consideracións serán valoradas conxuntamente co comité de empresa.

Os traballadores con categoría de peón axudante de transformador e auxiliar de limpeza, unha vez cumprido un ano ó servicio da empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior, excepto os traballadores contratados para as seccións de colchóns e peza cortada que manterán a mesma categoría e salario, durante toda a vixencia do seu contrato, o cal será o de lanzamento de nova actividade.

Artigo 17º.-Creación doe emprego fixo.

Ó logo da vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixas a aquelas persoas que estando en situación de temporais cumpran o prazo establecido segundo a lexislación vixente.

Ademais xerarán un posto fixo, aqueles postos que quedasen vacantes por falecemento ou xubilación do titular.

A adquisición do carácter de fixeza está en función da condición da posibilidade de traballar na terceira quenda.

Durante a vixencia do presente convenio, crearanse os postos fixos acordados no convenio de 1995.

Cando, alegando causas tecxnolóxicas ou económicas, organizativas ou productivas, a empresa teña intención de concorrer á rescisión de contratos, calquera que sexa o número, abrirá un período de consultas cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 18º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Oirase neste expediente o comité e o servicio médico da emrpesa.

Artigo 19º.-Foramción.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecxnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas espectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

19º.1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación. Así mesmo fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio doutro de nova contratación.

19º.2. A asistencia ós cursos de formaicón é de carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naquelees casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

19º.3. Serán estudiadas por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos tra

balladores que teñan como fin a formación propia ou reciclaxe.

19º.4. Tódolos cursos de formación continua que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem-Comisión Territorial de Galicia, etc.) serán acordados co comité de empresa e seccións sindicais representativas no seo do comité de empresa.

Estudiarase unha retribución para os asistentes ós cursos de formación fóra da súa xornada de traballo.

Artigo 20º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aquelas persoas cunha antigüidade mínima de catro anos, terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente duración dun curso lectivo e destinado á formación do solicitante.

Así mesmo, sobre as excedencias por maternidade, haberá que aterse ó disposto pola Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989 (anexo IV).

Artigo 21º.-Pezas de roupa.

A emrpesa facilitará pezas de roupa apropiadas de traballo ó persoal seguinte:

21º.1. Persoal de fábrica, talleres e almacéns: efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ó 31 de marzo: roupa e calzado de verán.

-2ª entrega: do 1 ó 15 de xullo: roupa de inverno e calzado de verán.

-3ª entrega: do 15 ó 31 de outubro: roupa e calzado de inverno.

Coincidindo con estas entregas, ós encargados entregaránselles batas e calzado.

21º.2. Ó persoal de mantemento facilitaráselle calzado de seguridade (botas e inverno e zapatos no verán).

21º.3. Ó persoal de laboratorios e departamentos técnicos, facilitaránselle tres batas ó ano, coincidindo coas datas sinaladas anteriormente.

Ó persoal antedito, que, por razóns de traballo o precisase, proporcionaríaselle roupa e calzado adecuados.

21º.4. Ó persoal de nova incorporación á emrpesa comprendido nos grupos dos apartados 21º.1., 21º.2., 21º.3., facilitaráselle unha entrega dobre de roupa da época do ano que corresponda, e un par de tenis. A seguinte entrega sería normal.

21º.5. Por razón do tipo de traballo habitual (traballo en exteriores) poderase facilitar, ademais, unha prenda tipoi anorak.

21º.6. Por petición individual, poderase cambia-la roupa de verán por unha funda.

21º.7. Para determinadas seccións poderase facilitar, en lugar de funda, un conxunto chaqueta curta-pantalón.

21º.8. Se algún dos traballadores tivese a súa peza de roupa de traballo en malas condicións, como con

secuencia da actividade que desenvolve, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

21.9. Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses recibirá unha soa entrega. Se a baixa fose por doce meses non terá dereito a ningunha entrega.

As pezas de roupa do persoal masculino serán polos, e as fundas serán 100% algodón excepto na sección de bloque que poderán ser tamén de tergal.

As pezas de roupa do persoal feminino serán as adecuadas, segundo criterio de ámbalas dúas partes.

Ó persoal que realice traballos sucios proporcionaránselle pezas de roupa de protección adecuadas.

Tipode calzado.

-O persoal masculino: tenis nas entregas de verán e deportivos con cámara de aire na de inverno.

-O persoal feminino: zocos ortopédicos nas entregas de verán e pantuflas adecuadas na de inverno.

21º.10. Tódalas pezas entregadas nas distintas entregas de roupa ó persoal, terán que ser homologadas e revisadas polo comité de seguridad e hixiene.

Artigo 22º.-Seguridade e saúde (anexo III).

Durante a vixencia do presente convenio colectivo sseguirán en vigor as normas de seguridade e saúde aprobadas pola dirección da empresa e a maioría do comité de empresa en decembro de 1989 e que figuran como anexo a este convenio (anexo III).

Acórdanse ademais as seguintes cláusulas:

22º.1. O comité de seguridade e saúde fará chegar á dirección da empresa, no mes de setembro de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para o seu estuidio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

22º.2. Concédese a cada un dos membros do comité de seguridade e saúde un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto co secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de seguridade e saúde avisará con 48 horas de antelación ó responsable da sección afectada, que persoa tomará o dito día.

O día libre para inspección tomarano os integrantes do comité de seguridade e saúde de un en un. Os integrantes do comité que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará á xerencia e ó comité de empresa.

22º.3. Os integrantes do comité de seguridade e saúde terán as mesmas garantías cós membros do comité de empresa en canto á apertura de expedientes contradictorios e despedimentos por sanción con base no exercicio da súa representación.

22º.4. A elección dos representantes dos traballadores dentro do comité de seguridade e saúde farase por votación libre e secreta entre todo o persoal.

A votación para a elección dos representantes dos traballadores no seo do comité de seguridade e saúde realizarase sen que iso supoña interrupción no normal desenvolvemento do proceso productivo.

O sistema electoral será o mesmo có das elección sindicais.

22º.5. Toda traballadora que realice o seu traballo por quendas, e estea en situación xestante, realizará o seu traballo na quenda que ela elixa, sempre e cando non altere o equilibrio entre tódalas quendas, sendo, en última instancia, a comisión paritaria quen decida ó respecto.

TÍTULO III

Aspectos siociais

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores da empresa, para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

-Morte2.244.300

-Invalidez permanente absoluta2.244.300

-Morte por accidente4.488.600

-Morte por accidente de tráfico6.732.900

Artigo 24º.-Fondo social.

Dotarase ó fondo social con 1.195.480 ptas., o cal será administrado por unha comisión formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da empresa.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

O fondo social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas polo comité de xestión do fondo social e o persoal (anexo V).

Artigo 25º.-Seguro complementario de incapacidade profesional total e permanente.

A emrpesa subscribirá uns eguro complementario de incapacidade total e permanente, a favor de tódolos traballadores cun capital asegurado de 2.244.300 ptas.

Este seguro será custeado polas bonificacións obtidas do seguro de vida e a diferencia, ata o custo total, pola empresa.

Artigo 26º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades da alta empresa na contía fixa de 1.467 ptas. por comida nos casos en que a xornada laboral se alongue nunha hora ou máis. Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida, o cal terá dereito ó cobramento da dita cantidade no caso que realice horas extras entre as 14 horas e as 16 horas.

Artigo 27º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente. Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite, poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraor

dinarias de xullo, Nadal e beneficios. Sendo en última instancia a Comisión de Xestión do Fondo Social a que dictamine sobre a súa concesión.

Artigo 28º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela e nun radio superior a 50 km verá incrementada a súa retribución diaria e as súas horas extras nun 35% mentres dure o desprazamento.

Quedan excluídos deste artigo, as categorías iguais ou superiores a xefe de sección. Os desprazamentos por motivos de formación de tódolos casos e as persoas que como os vendedores e vixilantes, etc., necesitan dos desprazamentos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 29º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 39 ptas./km, brutas. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes, tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente.

Artigo 30º.-Axuda por fillos diminuídos.

Por petición do comité de empresa e para as persoas que se solicitara, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 31.000 ptas. brutas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

TÍTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 31º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire haberá que aterse ó que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión, e a comunicación á empresa e demais requisitos efectuarase polo menos con 48 horas de antelación.

A emrpesa, por eptición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar de asuntos importantes e urxentes.

Artigo 32º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membrois do comité de empresa (23 horas por membro), poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a súa distribución.

Artigo 33º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afecto a este convenio, sempre e cando sean solicitados por este.

33º.1. O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

Artigo 34º.-Taboleiro de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereeito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 35º.-Retribucións e masa salarial bruta.

35º.1. Os salarios do persoal para 1996 serán os sinalados na táboa salarial anexa.

No presente ano consolídase unha paga especial de 37.000 pesetas, que se aboará no mes de xuño, para todo o persoal afectado polo presente convenio.

35º.2. Masa salarial bruta (MSB): para a negociación do presente convenio, tivéronse en conta as seguintes masas salariais das categorías comprendidas na táboa salarial anexa ó convenio de 1995:

-Salarios base individual, por grupos de categorías e totais ano.

-Pluses de asistencia e puntualidade individuais e plus do convenio 1994, por grupos de categorías e totais ano.

Pluses de asistencia e puntualidade individuais, por grupos de categorías e totais ano.

Pluses de antigüidade individuais e plus de convenio 1994, por grupos de categorías e totais ano.

(Todas elas incluíndo as pagas extraordinarias).

-Total aboado por prima de producción en 1995.

-Complementos de posto de traballo.

35º.3. En xeral, a MSB definiuse da seguinte forma:

35º.3.1. Retribucións salariais brutas.

35º.3.1.1. Salarios bases.

35º.3.1.2. Beneficios e pluses.

35º.3.1.3. Incentivos e primas de producción.

35º.3.1.4. Pagas extraordinarias.

35º.3.1.5. Complementos de postos de traballo.

35º.3.2. Outros conceptos económicos.

35º.3.2.1. Comisións e axudas de custo.

35º.3.2.2. Premios e prestacións especiais.

35º.3.2.3. Bolsas.

35º.3.2.4. Subvencións a comedores.

35º.3.2.5. Vivendas.

35º.3.2.6. Outros beneficios sociais non retributivos.

35º.3.3. Retribucións por horas extraordinarias.

35º.3.4. Retribucións polo plus de antigüidade e plus convenio 1994.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa, excepto os que forman parte do staff da presidencia da compañía e as direccións da emrpesa.

Para depura-la MSB definida, excluiranse:

-As cantiudades do epígrafe 35º.3.2.

-As cantidades de carácter asistencial e social (formaicón profesional, cultural, recreativa, comedores, axuda familiar, transporte, etc.). Estas cantidades non se excluirán no caso de ser percibidas a prezo fixado polos traballadores.

-As cantidades correspondentes ó persoal de staff de presidencia e direccións da empresa.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.4.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.3 serán estudiadas, se é o caso, pola dirección da empresa e o comité de empresa.

35.4º. A agrupación de categorías que se considerou nesta negociación, foi a seguinte:

-Oficiais 1ª mantemento.

-Oficiais 1ª fabricación con profesionais 1ª fabricación.

-Oficiais 2ª mantemento.

-Oficiais 3ª mantemento.

-Oficiais 2ª fabricación con profesionais 2ª fabricación.

-Axudantes especialistas con especialistas.

-Peóns.

-Oficiais 1ª transformación.

-Oficiais 2ª transformación con oficiais 3ª transformación.

-Contramestres, encargados, mestres industriais e capataces.

-Vixilantes.

Artigo 36º.-Plus de antigüidade e plus de convenio 1994.

36º.1. Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

36º.2. Plus de convenio 94:

Todo o persoal fixo o 31 de decembro de 1993 pasará a ter un plus de convenio 1994, equivalente á diferencia entre o 30% do seu salario base da táboa salarial vixente en 1993 e o plus de antigüidade mencionado no apartado 1 deste artigo.

Este plus de convenio terá carácter de absorvible en anos vindeiros na mesma contía que se incremente o plus de antigüidade.

36º.3. Agora ben todo traballador que o 31 de decembro de 1993, xa tivese unha antigüidade na empresa que dese lugar a un plus de antigüidade do 30% a porcentaxe maior por aplicación do plus de antigüidade vixente en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31 de decembro 1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu plus de convenio

será o resultado de aplica-la dita porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993 minorado polo plus de antigüidade calculado de conformidade co artigo 36º.1.

Este plus de convenioo terá carácter de absorvible na mesma contía que se incremente o plus de antigüidade.

Artigo 37º.-Plus de asistencia e plus de puntualidade.

O importe destes dous pluses percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous pluses cobraranse por dia efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado, implicarán a perda da parte proporcional do plus de asistencia, (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do 100% do plus de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos pluses do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio (agás nmas que se indique o contarrio), así como as saídas ó consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 38º.-Plus de toxicidade.

Este plus está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa, e constitúe un 10% do dito plus.

Artigo 39º.-Plus de nocturnidade.

Este plus será do 30% sobre tódolos conceptos salariais, pagándose o dito plus na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. Cando por encesidades da empresa, o persoal teña que prolonga-la súa xornada despois das 6 horas, para efectos de cobramento será considerado como horas nocturnas.

Artigo 40º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o 100% da súa retribución, incluíndo a prima de producción se estivese suxeito a ela. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no ems correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o cálculo da dita baixa.

Arttigo 41º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do 100% da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización e sempre que o dito período non supere os oitenta días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

Os 3 primeiros días da baixa haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente ou normas concordantes.

70% da base tarifada do mes anterior desde o 4º día ó 20º día.

90% da base tarifada do mes anterior a partir do día 21 da baixa.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo do informe médico, e de acordo coas súas características, puidesen ser merecedoras do cobramento do 100% da súa retribución.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias.

42º.1. As ggratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, plus de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade e plus convenio 1994 correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábils eguinte.

42º.2. Todo productor que ó longo do ano de vixencia do presente convenio non teña un absentismo superior a seis días laborais, percibirá unha gratificación de seis días de salario base, plus de asistencia, de puntualidade, de antigüidade, de convenio 1994, máis 10.450 ptas.

Para o cómputo do absentismo antedito, non se terán en conta os permisos e licencias recollidos no artigo 12º deste convenio, así como as baixas por accidente ou hospitalización, computándose polo tanto toada falta total ou parcial ó traballo aínda que sexa xustificada, tales como atrasos, baixas por enfermidade, etc.

42º.3. No mes de agosto acórdase establecer un complemento equivalente ó 100% da prima de producción media dos meses de abril, maio e xuño inclusives, o cal será efectivo co anticipo da mensualidade de agosto, que se pagará o día 31 de xullo. O reparto da dita cantidade efectuarase de forma lineal entre tódolos traballadores que perciban actualmente prima de producción. Computaranse, ademais das horas reais de presencia, as horas de ausencia dos permisos e licencias recollidos no artigo 12º do presente convenio e as baixas de accidente.

O persoal non suxeito á percepción de prima de producción, con categoría igual ou inferior a xefe de sección cobrará a prima media resultante do cobrado polo resato do persoal afectado nas dúas plantas.

42º.4. Acórdase establecer dúas gratificacións extraordinarias por non absentismo nos meses de xullo e decembro, consistentes cada unha nun 55% da prima de producción media de cada traballador, calculándose a de xullo coa media de abril, maio e xuño, e a de decembro coa media dos meses de setembro, outubro e novembro.

Para o cómputo do dito absentismo non se terán en conta as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio e as baixas por accidente ou hospitalización, computándose por tanto toda falta total ou parcial aínda xustificada, tales como retrasos, baixas por enfermidade, etc.

Estas gratificacións aplicaranse a aqueles traballadores con categoría inferior a xefe de departamento.

Artigo 43º.-Prima de producción.

Durante a vixencia do presnete convenio, os valores da prima de producción serán os seguintes:

Moldeado:

As fórmulas de cálculo son:

Numerador= ((pezasxptas./peza+p. min.).

Denominador= (persoal normalxcoeficiente)x8 horasxdías traballados mes).

Ptas./hora= numerador: denominador.

Prima= coeficientexptas./horaxpersoal real (horas) persoal normal (por quenda).

Quente IQuente IINoiteMesturas

1/2 encargado1/2 encargado
1 encargado1 encargado1 encargado1 encargado
9 operarios11 operarios3 operarios2 operarios

MoldeadoProd. e horas de Ref.Pre./Pza.P. Min.

Quente (*)Pzas. e horas quente 4,5618.994

-Por quenda e persoal normal de producción de 8 horas completo.

Semirríxido Tomaranse as mesmas ptas./hora que na sección quente.

TransformaciónPzas. e horas quente4,0433.706
Calid. e Embal.Pzas. e horas Que. e frío4,2535.392
ConservaciónPzas. e horas quente3,9733.095
AlmacénPzas. e horas quente3,9733.095
E. controlMedia ptas./hora quent.e frío
E. AlmacénMedia ptas./hora quent.e frío
E. Transform.Media ptas./hora quent.e frío
E. reproducciónMedia ptas./hora quent.e frío

BloquePrezo/kgPrec./Per. neta mes

Bloque bruto0,94
Bloque limpo1,85
Pezas4,621.917 ptas.
Col. Plan. e rolo3,70

As fórmulas de cálculo para bloque son as mesmas cás do ano 1994.

A prima de producción incrementarase en:

-500 ptas. lineais/traballador/mes.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

44º.1. Horas extraordinarias habituais:

Suspensión.

44º.2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

44º.3. Horas extraordinarias estructurais.

Co fin clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais ou outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, todo iso, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A empres co fin de minimiza-la incidencia do absentismo na realización de horas extras, designará o persoal necesario para cubri-la porcentaxe de absentismo medio que tivemos no ano 1995.

A dirección da emprsa entregaralle ó comité de emprsa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, causas destas e número delas. Así mesmo, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo é necesario que a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais, non terán o recargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo e reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria para 1996, será o indicado, en cada categoría, no anexo I, táboa salarial.

TÍTULO VI

CONCEPTOS LEGAIS

Artigo 45º.-Lexislación aplicable.

No que non estea expresamente disposto neste convenio, haberá que aterse ó que determine o Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 46º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Josep Poch I Riba, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores e por Ánxel Rey Costas en representación dos traballadores de Copo Ibérica, S.A. que pasaron ó grupo Copo de Industrias de Poliuretano y Afines, S.A.

A empresaO comité

TÁBOA SALARIAL ANO 1996

ObservaciónsSoldo

base

Plus Asist.Plus Punt.TotalH.E.

día hábil

H.E.

día inhábil

Prima Prod.

Persoal de fabricación
Oficial de 1ª118.08517.69618.231154.0122.1462.788Si 1,1
Profesional de 1ª115.95014.72115.256145.9272.0192.624Si 1,1
Oficial de 2ª113.69211.66812.355137.7151.9262.504Si 1,1
Profesional de 2ª113.69211.66812.355137.7151.9262.504Si 1,1
Especialista112.43811.54311.990135.9711.9262.504Si 1,0
Axudante especialista104.86210.96911.099126.9301.9262.504Si 1,0
Peón88.4059.3299.736107.4701.9262.504Si 0,8

Persoal de transformación
Oficial de 1ª108.88811.99012.175133.0531.9622.550Si 1,1
Oficial de 2ª102.72210.34610.663123.7311.9262.504Si 1,1
Oficial de 3ª102.72210.34610.663123.7311.9262.504Si 1,0
Axudante de transformación88.4049.3289.735107.4671.9262.504Si 0,8

Persoal de mantemento
Oficial de 1ª153.13922.05321.830197.0222.2902.979Si 1,2
Oficial de 2ª127.16218.27818.591164.0312.0192.624Si 1,1
Oficial de 3ª113.61211.66512.353137.6301.9262.504Si 1,0

Persoal técnico de laboratorio
Analista154.39516.55714.075185.0272.3673.077
Especialista de laboratorio147.95515.88413.498177.3372.3673.077
Auxiliar de laboratorio112.68211.5129.711133.9051.9262.504

Persoal técnico de fabricación
Contramestre188.96023.37423.062235.3962.4773.219Si 1,2
Mestre industrial182.07422.94722.635227.6562.4773.219Si 1,2
Encargado176.42922.36222.051220.8422.4773.219Si 1,2
Capataz146.05620.92920.618187.6032.3673.077Si 1,2

Persoal de oficina técnica
Delineante de 1ª175.89022.04419.136217.0702.4773.219
Delineante de 2ª147.91015.86313.489177.2622.3673.077
Delineante de 3ª112.83111.61711.096135.5441.9262.504

Persoal administrativo
Oficial de 1ª administrativo154.39516.55714.075185.0272.4773.219
Oficial de 2ª administrativo133.89221.13718.805173.8342.0192.624
Auxiliar administrativo111.94911.4029.610132.9611.9262.504
Graduado social111.94911.4029.610132.9611.9262.504

Xefes de Dpto. e servicios xerais
Xefes de sección206.21531.47227.938265.625
Cronometrador151.11516.78214.318182.215
Auxiliar de métodos e tempos112.64611.4949.703133.8431.9262.504
Programador161.77330.40327.451219.6272.4773.219
Auxiliar de programador112.64611.4949.703133.8431.9262.504
Garda barreira104.43610.83410.165125.4351.9262.504
Conductor de 1ª128.92217.68815.505162.115
Conductor de 2ª113.67411.65111.257136.582
Secretario133.68312.77010.661157.114
Limpador101.84210.2319.764121.8371.9262.504
Auxiliar de limpador88.4049.3289,735107.4671.9262.504
Licenciado e enxeñeiro técnico112.38518.90316.993158.281

Normas de seguridade e hixiene

O comité de empresa da empresa Copo Ibérica, S.A. e a dirección, subscriben na súa totalidade as presentes normas. As ditas normas están en función dos acordos tomados segundo os productos utilizados nos

procesos de fabricació, algúns dos cales poden ser considerados como nocivos para a saúde.

Ó mesmo tempo, estas normas serven como base para unha maior concienciación, tanto por parte da empresa como dos traballadores, comprometéndose

ámbalas dúas partes no total cumprimento das ditas normas.

I. Organización do comité de seguridade e hixiene

Artigo 1º.-Composición do comité de seguridade e hixine (CSH).

O CSH estará composto por tres membros propostos polo comité de empresa, que formarán a representación da parte social, dous membros designados pola dirección da empresa, que formarán a representación empresarial e dous membros en calidade de asesores técnicos, que serán os responsables do mantemento e do servicio médico da empresa.

Artigo 2º.-Horas de reunións do CSH.

As reunións do comité de seguridade e hixiene celebraranse dentro da xornada laboral, debendo realizarse unha reunión ó mes.

Artigo 3º.-Dereitos e deberes do CSH.

O CSH terá tódalas atribucións que a normativa legal prevé. Ademais poderán exercer un labor de vixilancia de todos aqueles postos de traballo que impliquen risco para os traballadores.

Terán a obriga de informar periodicamente ós traballadores das súas actividades, tomando como carácter prioritario, para mellora-las condicións de traballo, evita-la xeración, emisión e a transmisión dos riscos, ou, en caso de non ser viable, a utilización de medios de protección ata que se poida anula-la causa dos ditos riscos. A utilización dos medios de protección persoal será excepcional, sempre que iso sexa posible.

No caso de risco grave para a saúde, tomaranse urxente e conxuntamente coa dirección da empresa, as decisións sobre as medidas que se vaian adoptar, acordando o plan de actuación e data de execución, que quedarán reflectidas nunha acta.

Artigo 4º.-Principios xerais.

O CSH rexerase polos niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no medio ambiente laboral, tomando como referencia os TLV utilizados na normativa que nesta materia ten aprobados o Estado español, na súa adhesión ó OIT.

Artigo 5º.-Participación do CSH no plan de investimentos.

O CSH terá coñecemento dos investimentos que a empresa vaia efectuar nas instalacións para mellora-los postos de traballo, podendo efectua-la súa propia valoración e propor outras melloras ou modificacións para a súa posible inclusión no plan de investimentos da empresa, tendo que pasa-lo CSH no mes de outubro de cada ano as ditas propostas.

II. Concreción da seguridade e hixiene na empresa.

Artigo 6º.-Información sobre productos utilizados e viabilidade de instalacións de saneamento.

A empresa informará o CSH sobre os productos que entran na súa fabricación e dos riscos que poida ocasiona-la súa manipulación, que estean en coñecemento dela.

A dirección da empresa negociará co CSH sobre a viabilidade de instalar equipos de saneamento e prevención que serán propostos polos representantes do CSH.

Artigo 7º.-Entrega de información.

A empresa facilitaralle ó CSH copia dos informes ou estudios que se realicen sobre o medio ambiente no centro de traballo.

Os resultados das revisións médicas que envía a mutua serán recibidos polo médico da emprsa, quen exporá unha lista cos nomes de quen se recibise algún informe médico e así poder, quen o desexe, acudir ó servicio médico en busca de información sobre o seu estado físico de acordo cos ditos resultados clínicos, que sempre serán confidenciais, podendo ademais o interesado solicita-los distos resultados para entregarlle ó médico de cabeceira, se o considera necesario.

De existir algunha persoa con resultados clínicos ou problemas especiais fóra do normal, será citada persoalmente para informarlo da súa situación.

Artigo 8º.-Medidas especiais de vixilancia.

O CSH poderá esixir medidas especiais de vixilancia naqueles postos de traballo onde se demostre que existan riscos para a saúde.

Artigo 9º.-Actualización da lexislación laboral en seguridade e hixiene.

Ata que non se actualice a lexislación na materia, consideraranse como valores máximos admisibles de substancias químicas ou axentes físicos no medio ambiente laboral, o limiar de valores límites na súa versión máis actualizada.

Artigo 10º.-Rexistros periódicos e medicións ambientais.

Naqueles postos de traballo onde existan riscos ambientais levarase un rexistro anual dos datos relativos a estes.

Artigo 11º.-Accidentes laborais.

En todo accidente laboral, a emrpesa redactará un informa que será presentado ó comité de empresa.

O CSH, emitirá outro informe do dito accidente, ó comité de emprsea e á empresa.

Artigo 12º.-Roupa de protección.

A empresa negociará cos representantes do CSH sobre a roupa de protección que o CSH, asesorado polo médico da empresa, considere necesario implantar.

Antes da posta en vigor desta normas e acordos, determinaranse as pezas de roupa e proteccións que se implantarán nos postos de traballo con riscos graves para a saúde. As ditas proteccións serán de obrigada utilización, podendo tomarse as medidas correspondentes por non utilizadas, segundo a lexislación vixente.

Artigo 13º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual nun centro especializado para o efecto.

Aqueles traballadores, que polo desenvolvemento do seu traballo estean expostos a un maior risco, poderán ter dereito a máis revisións médicas de carácter específico.

A amplitude das diferentes revisións médicas, serán acordadas dentro do CSH, co asesoramento do médico da empresa.

Artigo 14º.-Cambios de posto de traballo.

Sempre que sexa posible, e de acordo co CSH, poderase transladar do posto de traballo a aqueles persoas con problemas de saúde que poidan ser agravados no seu posto habitual de traballo, coa variación das súas percepcións económicas que orixine o novo posto.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará o CSH dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 15º.-Protección a maternidade.

As traballadoras embarazadas, cando existan condicións ambientais nocivas para a súa saúde ou a do feto, poderán solicitar cambio do posto de traballo e concederáselle sempre e cando a organización da empresa o permita.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará o CSH dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 16º.-Prevención de riscos.

Todo accidente de traballo, enfermidade profesional ou outro tipo de dano á saúde do traballador, derivado do traballo, fará que se tomen as medidas necesarias para evita-la repetición do dito ano.

III. Control e prevención na empresa

Artigo 17º.-Medicións por encima dos TLV.

En todo posto de traballo nos que nas mostraxes de medición dean niveis superiores ós TLV, tomaranse as medidas necesarias para emendar no menor prazo posible as causas dos ditos niveis elevados e, mentres tanto, adoptaranse medidas de protección persoal encamiñadas a elimina-lo risco para a saúde das persoas e poderanse facer rotacións máis frecuentes entre o persoal, de acordo coa proposta que o CSH faga para cada caso.

En caso de risco grave para a saúde, tomaranse urxente e conxuntamente coa dirección da empresa, as decisións sobre as medidas que se vaian adoptar, acordando o plan de actuación e data de execución, que quedarán reflectidas na súa acta (I.3º).

Artigo 18º.-Tecnoloxía e organización no traballo.

Dado que o CSH estará informado dos productos perigosos utilizados na fabricación, poderá solicitarlle a empresa a súa substitución por outros productos

similares máis inocuos, se é posible tecnicamente, así como no referente a novas tecnoloxías que puidesen ser prexudiciais para a saúde do traballador.

Artigo 19º.-Mapa de riscos na empresa.

Dentro do CSH confeccionarase un mapa de riscos do centro de traballo, dividido por áreas e seccións.

O mapa final, tomarase como base para a realización, dun plan de prevención, tomándose como referencia prioritaria, as áreas e seccións establecidas.

Como proposición inicial poderían ser:

-Quente.

Sala de máquinas: manipulación de productos químicos.

Coada (colocación insertos):

* Inhalacións tóxicas.

* Calor.

* Espacio.

* Ruído.

Desmoldeo:

* Inhalaciones tóxicas.

* Calor.

* Espacio.

* Ruído.

Abastecedor: falta de espacio.

En xeral: correntes de aire.

-Semirríxido.

Cadea: inhalacións tóxicas.

Babas: maquinaria perigosa.

-Transformación.

En xeral:

* Inhalacións tóxicas.

* Espacio reducido.

-Almacén.

En xeral:

* Suciedade.

* Po.

* Pesos.

-Fabricación bloque.

En xeral:

* Inhalacións tóxicas.

* Suciedade.

* Pesos.

-Corte bloque.

En xeral: maquinaria perigosa.

-Almacén bloque.

En xeral:

* Pesos.

* Correntes de aire.

* Cambios de temperatura.

-Administración.

En xeral: riscos na visión por uso de pantallas de ordenadores.

Artigo 20º.-Incendios.

No caso de incendios que xeren fumes, en cantidades perigosas para a saúde, permitirase a saída do recinto, daquelas persoas que segundo as normas de organización contra incendios, non estean integradas en

ningunha brigada, nin teñan un cometido asignado para estes casos.

No caso de incendios nas cadeas de fabricación, quedará o persoal imprescindible para poder desmoldar e evacua-las escumas en ámbalas liñas de fabricación para o que se instalarán medios específicos de protección na súa proximidade dentro dun armario (máscaras panorámicas buconasais).

Para este artigo en concreto, a empresa fará unha proposta de normas contra incendios con designación das persoas que integrarán as brigadas c/i e as pautas de actuación en cada caso. Tales normas formarán un anexo a estas normas de seguridade e hixiene.

Artigo 21º.-Prohibición de fumar ou acender lume.

Existe na empresa, a prohibición de fumar ou acender lume en tódolos lugares non autorizados, baixo a sanción oportuna, segundo a gravidade do caso, ó infractor deste artigo, salvo permiso expreso da empresa para a realización de determinados traballos (soldadura, etc.).

Artigo 22º.-Normas de seguridade para persoal de empresas auxiliares.

Tódalas empresas contratadas para realizar traballos no recinto de Copo Ibérica, S.A., deberán subscribir tódalas normas de seguridade e hixiene, así como as referentes a seguridade c/i, existentes na empresa, mediante documento. Así mesmo, para traballos específicos poderanse estipular outras medidas que se comunicarán ás ditas empresas.

Fondo social e de formación

Capítulo 1º

Normas básicas de funcionamento

Artigo 1º

Por acordo entre o comité de empresa e a empresa Copo Ibérica, S.A. constitúese o fondo social e de formación, co fin de atende-las axudas de carácter social ou de formación que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

Artigo 2º

O obxecto do fondo social e de formación é atender tódalas obras sociais, profesionais, benéficas e de infortunio en favor de tódolos traballadores.

Artigo 3º

Os fondos económicos do fondo social e de formación estarán integrados segundo a cantidade establecida no convenio colectivo. A empresa porá a disposición do fondo social e de formación os fondos correspondentes segundo o acordado en convenio e a sinatura del.

Artigo 4º

O fondo social e de formación será administrado por unha comisión formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes designados pola empresa.

Artigo 5º

O domicilio social desta comisión será o de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 6º

A duración da dita comisión será de catro anos.

Artigo 7º

Estas normas entrarán en vigor unha vez aprobadas pola comisión do fondo social e de formación e o comité de empresa.

Artigo 8º

Estas normas poderán ser modificadas ou substituídas por acordo da comisión do fondo social e de formación co visto e prace da dirección da empresa e do comité.

Capítulo 2º

Obrigas e dereitos do persoal

Artigo 9º.-Obrigas dos traballadores.

1. Cumpri-las normas e observa-las formalidades nelas previstas.

2. Cumpli-los acordos e as resolucións da comisión do fondo social e de formación.

3. Presta-la súa colaboración persoal para o mellor cumprimento do fondo.

4. Non defraudar ou abusar do fondo social e de formación.

5. Non destina-los fondos outorgados a outro fin distinto do solicitado.

Artigo 10º.-Dereitos dos traballadores.

1. Percibir do fondo social e de formación os beneficios e auxilios que lle correspondan, de conformidade co establecido nas presentes normas.

2. Intervir na administración e modificación das normas do fondo social e de formación a través dos seus representantes.

Artigo 11º

A comisión do fondo social e de formación poderá impor ós traballadores, nos casos de incumprimento das súas obrigas as sancións seguintes:

1. Privación de recibi-los beneficios do fondo social e de formación.

2. As sancións que considere oportunas aplica-la comisión deberán comunicárselle ó interesado necesriamente por escrito, con expresión dos motivos que a ocasionan. Dentro dos 10 días seguintes a esta comunicación, o intresado pode elevar un prego de descargos á dita comisión que, unha vez examinado, resolverá definitivamente segundo proceda.

Capítulo 3º

Organización e funcionamento

Artigo 12º

Son órganos de goberno do fondo social e de formación:

a) Comité de empresa.

b) Comisión do fondo social e de formación.

Artigo 13º

O comité reunirase regulamentariamente unha vez ó ano para decidir sobre as seguintes cuestións:

a) Aproba-lo balance e memoria anual.

b) Aproba-los orzamentos anuais.

c) En xeral calquera modificación dos estatutos.

-A convocatoria levarase a cabo pola comisión do fondo social e de formación, o texto da convocatoria e a orde do día serán entregados ó secretario do comité de empresa e publicado nos taboleiros de anuncios da empresa.

-O comité entregaralle á dirección da empresa unha copia da dita reunión.

-Terán dereito de asistencia tódolos membros do comité de empresa e da comisión con voz e voto.

Artigo 14º

De entre os membros do fondo social elixirase un presidente e un secretario.

Artigo 15º

A comisión do fondo reunirase unha vez ó mes como mínimo.

Artigo 16º

Existirá un fondo de reserva de polo menos un 15% do total.

Artigo 17º

Os acordos da comisión do fondo para a súa validez deberán ser aprobados por maioría de votos de entre os presentes. No caso de empate decidirá o voto do presidente.

Artigo 18º.-Facultades do presidente.

O presidente da comisión do fondo presidirá as reunións que se celebren, dirixiraas, convocaraas e vixiará a execución dos acordos que nelas se acorden.

En caso de ausencia será substituído por un vocal que designen os demais membros.

Artigo 19º.-Facultades do secretario.

O secretario da comisión do fondo expedirá e levantará actas de tódalas reunións que serán asinadas por el e levarán o visto e prace do presidente.

En caso de ausencia será substituído polo vocal que designe a comisión.

Os vocais da comisión do fondo colaborarán nas funcións asignadas á dita comisión emitindo o seu voto en tódolos asuntos que se presenten e achegando as suxestións que consideren convenientes.

Artigo 20º.-Facultades da comisión do fondo social e de formación.

1. Representa-lo fondo en tódolos ámbitos e exerceren tódalas accións e dereitos que competan a ela,

así como delegar esta representación para casos concretos na persoa que considere conveniente.

2. Aproba-las normas de aplicación dos servicios e prestacións do fondo social e de formación.

3. Aprobar con carácter previo os orzamentos anuais, balance, memoria; en xeral, calquera acordo que deba ser sometido ó comité de empresa.

4. Acordar con carácter excepcional, a realización de gastos que non teñan consignación nos orzamentos anuais, dando conta na primeira reunión do comité de empresa.

5. Acorda-la realización de prestacións extraordinarias.

6. Aproba-la apertura de contas en entidades bancarias e designa-las persoas que poidan utilizalas. Para estes efectos será necesario a sinatura conxunta do presidente, o secretairo e un vocal.

7. A organización e administración do fondo social e de formación.

8. Resolución de tódalas pretensións de tódolos trabalaldores en relación cos presentes estatutos.

9. Resolve-las reclamacións que poidan formularse en relación coas prestacións da comisión do fondo.

10. Velar polo cumprimento dos seus estatutos.

Capítulo 4º

Prestacións

Artigo 21º.-Prestacións do fondo.

a) Préstamos con devolución que se pactarán segundo o caso.

b) Sen devolución.

As solicitudes para as ditas prestacións deberán ir debidamente acompañadas coa documentación, na que se basea a petición e as causas que motivaron a solicitude.

As solicitudes serán presentadas á comisión do fondo para o seu estudio, a cal informará ó solicitante da súa decisión.

Non será posible a concesión dunha nova prestación en tanto exista saldo pendente de amortizar dun préstamo anterior.

Decisións do fondo social

Eliminar e «e de formación» do título de fondo social.

Non aboar nada relacionado con estudios.

Idem. todo aquilo que se poida facer a través da S.S.

Caducidade das facturas de tres meses sen ter en conta o mes de vacacións.

Pódense conceder axudas para rehabilitación en piscina baixo prescrición facultativa e con entrega periódica anual do informe médico indicando a súa continuidade.

Aboamento de axudas ó persoal ausente, ben a un familiar empregado da empresa ou avisando por teléfono ou carta cun prazo do cobramento de máximo 30 días.

Para concesións das peticións teranse en conta os tres últimos anos á data 31 de decembro. A partir da dita data computaránse os do ano seguinte para darlles o tanto por cento que se decida. O número de peticións seguirase controlando.

5538