Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, por Orde do 3 de setembro de 1996 (DOG nº 179, do 12 de setembro de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidad co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1996.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Número de rexistro: 3327255257A2059.
Grupo: D.
Apelidos e nome: Barcia García, Mª Dolores.
Posto de traballo: secretaria do secretario xeral.
Nivel: 18.
Código posto: PR.P03.00.000.15770.101.
Centro directivo: Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.
Localidade: Santiago de Compostela.
7449